#BAIONA A Representación Teatral «ARRIBADA DO DESCUBRIMENTO», será interpretada en LSE

O Concello de Baiona, no seu compromiso coa accesibilidade, ofrecerá este ano por segundo ano consecutivo, a representación teatral “Arribada do Descubrimento” interpretada en lingua de signos española.n

A escenificación terá lugar o sábado 29 de febreiro ás 20.00 horas e o domingo 1 de marzo ás 18:00 horas na Praia Ribeira de Baiona, onde as persoas xordas poderán disfrutar plenamente desta obra, xa que será interpretada en lingua de signos española.n

As persoas xordas interesadas en asistir, contarán cun espazo reservado, polo que deben achegarse á jaima da organización, uns minutos antes do comezo da obra.n

Deste xeito, o Concello de Baiona, amosa a súa sensibilidade e afirma o seu compromiso en materia de accesibilidade para o colectivo de persoas xordas, xa que a cultura e o teatro, son un dereito de todas a persoas.n nFuente: Concello de Baiona