#GONDOMAR GONDOMAR INVITA A VECIÑANZA A SUMARSE AO DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Gondomar sumarase esta serán á iniciativa mundial Light It Up Blue (#LIUB) que promove a iluminación en azul de edificios e monumentos emblemáticos das localidades como mostra de solidariedade coas persoas con Transtorno de Espectro Autista ( TEA) e as súas familias, coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

n

Por esta razón a casa do concello lucirá esta noite de azul, cor co que se identifica o autismo, e anima aos habitantes de Gondomar a sumarse a esta iniciativa acendendo, ás 21.00 horas, os móbiles, lanternas ou calquera fonte de luz nas xanelas e balcóns das súas casas, tal e como propoñen diferentes asociacións de Autismo ao coincidir a celebración deste ano co confinamento como consecuencia da pandemia do COVID-19.

n

Gondomar súmase un 02 de abril máis á celebración deste Día Mundial de concienciación do Autismo, xornada instaurada pola Asemblea das Nacións Unidas no 2007 co fin de subliñar a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con transtorno de espectro autista.

n

Nesta ocasión celébrase baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar” destacando a importancia da educación e o emprego como ferramentas fundamentais e necesarias para lograr e garantir a inclusión real destas persoas na sociedade da que forman parte.

n

 

n

AUTISMO NOTA.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar