#GONDOMAR Gondomar celebrará o Día do Libro creando unha cadea virtual de lecturas

As redes sociais do concello de Gondomar quérense converter esta semana no fío condutor da celebración do Día do Libro a través dunha iniciativa, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración coa Biblioteca Municipal do municipio, na que se convida a participar a todos os cidadáns a sumarse á celebración desta data recomendando as súas lecturas favoritas.

n

O obxectivo é crear unha cadea de libros e títulos a través das redes contestando a dúas preguntas sinxelas: grazas a quen empezaron a ler e que libros lembran como os máis especiais. Desta maneira búscase espertar o interese pola lectura, achegando desde o concello o seu gran de area ao sector editorial e promovendo o apoio ao mundo da literatura, un gran aliado, sen dúbida, no período de confinamento das persoas nas súas vivendas durante o estado de alerta sanitaria.

n

Os interesados en participar poderán facelo a través da conta de Instagram da OMIX ou enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.n document.getElementById(‘cloakaee11ef353f29426de7c32c88dcba522’).innerHTML = »;n var prefix = ‘ma’ + ‘il’ + ‘to’;n var path = ‘hr’ + ‘ef’ + ‘=’;n var addyaee11ef353f29426de7c32c88dcba522 = ‘omix’ + ‘@’;n addyaee11ef353f29426de7c32c88dcba522 = addyaee11ef353f29426de7c32c88dcba522 + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;n var addy_textaee11ef353f29426de7c32c88dcba522 = ‘omix’ + ‘@’ + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;document.getElementById(‘cloakaee11ef353f29426de7c32c88dcba522’).innerHTML += ‘‘+addy_textaee11ef353f29426de7c32c88dcba522+»;n recomendando tres libros e agradecendo á persoa que lles abriu as portas ao mundo da lectura.

n

Todas as mensaxes serán subidas de forma anónima creando unha cadea de títulos cos que recoñecer, coincidindo coa celebración do Día do Libro, a importancia da lectura e todo o que reporta a quen se achega a ela.

n Fuente: Concello de Gondomar