#GONDOMAR Gondomar pon en marcha unha plataforma de venda online e servizo a domicilio para apoiar o comercio local

Esta nova ferramenta, xestionada e financiada ao cento por cento polo concello, permitirá ao sector hostaleiro xestionar as súas vendas de maneira online e prestar un servizo a domicilio dos seus produtos, que se implantará paulatinamente a todo o comercio local que queira acollerse ao mesmo de maneira totalmente gratuíta.

n

O goberno local poñerá en marcha este servizo durante o estado de alarma e despois do mesmo ata que volva a normalidade, non descartando a súa implantación de maneira indefinida de ter demanda e así incentivar as compras no municipio e potenciar o pequeno comercio local.

n

O próximo día 03 de maio, coincidindo coa celebración do Día da Nai, servizo que comezaría a funcionar esta plataforma facilitando aos locais de restauración ou hostalería que permanecen pechados publicitar os seus menús, ofertas e ofrecer o seu servizo a domicilio aos clientes que o precisen. Os pedidos faranse previamente e abonaranse directamente a través da plataforma.

Así esta iniciativa foi anunciada polo alcalde, Paco Ferreira, despois de ser analizada e consensuada con representantes e asociacións do sector hostaleiro (OVALMI, a Asociación de Placeiros de Gondomar) ás que se sumou a Asociación de Empresarios do polígono da Pasaxe) cos que se mantivo un contacto diario para coñecer cales son as súas principais demandas e retos, unha vez que se levante o estado de alerta sanitaria e póidase regresar á actividade.

n

Neste sentido o alcalde, subliñou que “como administración temos que estar aí e axudar en todo o que podamos, é o momento de reinventarnos ante unha nova realidade que se nos presenta. Lembrando que este sector, como outros, enfróntanse a un período de incerteza porque aínda non teñen claro como nin cando poderán abrir é preciso non quedarnos atrás e promover iniciativas que faciliten un regreso progresivo á actividade e minimice os prexuízos que a nosa hostalería sufrirá”.

n

O alcalde tamén adiantou que os restaurante, bares e cafeterías este ano quedarán exentos do pago da taxa de terrazas, e que os servizos municipais están a estudar a posibilidade de aplicar esta medida noutros impostos que lles afecten directamente, co fin de paliar e axudar no posible as perdas que este ano sufrirán os negocios de Gondomar.

n

  

n

Nos próximos días manteranse contactos con outros sectores do municipio, como o do comercio, aos que se podería estender o uso desta nova ferramenta de venda online, e outras medidas de axuda sen descartar que “a longo prazo se poida abrir a todos aqueles que estivesen interesados en sumarse a ela converténdose nun servizo máis para potenciar e facilitar as vendas a domicilio nunha era onde non podemos deixar de reinventarnos e ir coas novas tecnoloxías”, concluíu Paco Ferreira.

n

n

comercio de Gondomar.jpg

n

 

n

n Fuente: Concello de Gondomar