#GONDOMAR A “Aula de Teatro de Gondomar” celebra o Día do Libro

Os libros, as súas historias e páxinas convertíronse en grandes aliados de moitos e moitas durante o tempo de confinamento. Por iso dende a “Aula de teatro de Gondomar” súmanse á celebración do Día do Libro cun traballo feito por parte das súas integrantes baixo a dirección de Lola Correa, lembrando a importancia da lectura e lendo un pequeno parágrafo de diferentes obras que nos recomendan nun vídeo grabado para a ocasión. Fannos un agasallo dun libro virtual neste día coa mensaxe de que pronto podamos saír de novo para adquirilos nas librerías e gozar das representacións teatrais en directo. Feliz día do libro!

n

 

n

 

n Fuente: Concello de Gondomar