#GONDOMAR O servizo de recollida do punto limpo segue atendendo aos veciños

Aínda que o punto limpo de Gondomar permanece pechado por mor da alerta sanitaria decretada polo Goberno de España o pasado mes de marzo, lembramos á veciñanza que o seu servizo de recollida a domicilio segue funcionando.

n

Os interesados en que lles retiren trastos, voluminosos, enseres, etc deben chamar ao teléfono gratuito 900 107 382 de luns a venres en horario de 09.00 a 13.00 horas, polas mañás e de 16.00 ás 18.00 horas, en horario de tarde.

n

Daráselles unha data para a recollida de ditos residuos que, deberán estar perfectamente clasificados e que, en ningún caso, poderán exceder as cantidades máximas establecidas por habitantes, tal e como estipula o reglamento (https://concellodegondomar.gal/es/punto-limpo)

n

 

n

Folleto ecogondomar.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar