#GONDOMAR A POLICÍA LOCAL DEIXARÁ DE FELITICAR OS ANIVERSARIOS DA CATIVADA

Unha vez rematada a fase crítica do confinamento que permite os máis pequenos poder saír cos seus pais e nais as rúas, a Policía Local anuncia que deixará de acudir aos domicilios a felicitar os aniversarios dos pequenos e pequenas, tal e como viñan facendo dende hai varias semanas. A iniciativa, que xurdiu por iniciativa do propio corpo e que non forma parte das súas funcións, péchase cun balance moi positivo, tal e como confirma a propia Policía. En total acudiron a 45 domicilios a felicitar o aniversario e trasladarlle os parabéns a nenos e nenas que cumpriron anos durante o confinamento. Afirman que se pecha esta iniciativa co obxectivo cumprido que non era máis que arrancarlles un sorriso os cativos no seu día, así como as súas familias e veciños.

n

Dende o corpo local agradecen a colaboración prestada pola Agrupación de voluntarios de Protección Civil do Val Miñor, co seu presidente Iago a cabeza, cos que compartiron esta experiencia que califican de maravillosa.

n

Así mesmo trasladan o seu agradecemento os establecementos Papadolce e Chupipostres pola súa desinteresa e xenerosa colaboración con esta iniciativa.

n

 

n

 

n

cumpleaños policia.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar