#GONDOMAR Cero casos de coronavirus na residencia Vila do Conde

Os traballadores e residentes da residencia xeriátrica de Vila do Conde, un total de 188 persoas, foron sometidos ao test de COVID19 cun resultado máis que satisfactorio ao non rexistrarse ningún positivo. O goberno de Gondomar quere felicitar a todos integrantes desta residencia polo seu esforzo y os profesionais polo seu traballo e dedicación. Dende o primeiro día o goberno local estivo en contacto directo cos seus responsables para atender aquelas necesidades que precisaran, e colaborar na medida do posible. Neste senso dende a aplicación do estado de alerta sanitaria, e conscientes de que os maiores eran un sector de alto riesgo, o concello reforzou a desinfección dos exteriores acudindo en varias ocasións cos equipos municipais que dende o primeiro día percorren periódicamente as rúas e parroquias con productos desinfectantes como medida para protexer a poboación e garantir as máximas medidas de hixiene recomendadas polas autoridades. Cabe suliñar tamén a colaboración prestada na residencia polo exército español, concretamente pola unidade NBQ de Valencia. Dende o concello se reitera o agradecemento polo gran traballo feito a todos e todas aqueles/as que coidaron dos nosos maiores e que agora permite celebrar que non se rexistrara ningún caso de COVID na residencia xeriátrica.

n

 

n

 

n

VILA DO CONDE RESIDENCIA.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar