#GONDOMAR GONDOMAR CREA UN SERVIZO MUNICIPAL DE DESINFECCION OZONIFICANTE PARA O COMERCIO E AUTONOMOS

O Concello de Gondomar adquire máquinas de ozono para garantir a desinfección das instalacións públicas, o parque móbil municipal e crea un local ozonizante de desinfección e hixienización de produtos e mercadorías.

n

 

n

A iniciativa comezará a funcionar leste mesmo luns en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres no CDL (antigo colexio de EXB), previa cita dos interesados ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.n document.getElementById(‘cloak41cd13c9d82d54032dffe169a6f6b794’).innerHTML = »;n var prefix = ‘ma’ + ‘il’ + ‘to’;n var path = ‘hr’ + ‘ef’ + ‘=’;n var addy41cd13c9d82d54032dffe169a6f6b794 = ‘a’ + ‘@’;n addy41cd13c9d82d54032dffe169a6f6b794 = addy41cd13c9d82d54032dffe169a6f6b794 + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;n var addy_text41cd13c9d82d54032dffe169a6f6b794 = ‘alcaldia’ + ‘@’ + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;document.getElementById(‘cloak41cd13c9d82d54032dffe169a6f6b794’).innerHTML += ‘‘+addy_text41cd13c9d82d54032dffe169a6f6b794+»;n , onde deberá constar o seu nome e teléfono de contacto.

n

Segundo indicou o alcalde Paco Ferreira, con esta iniciativa “non esquecemos sectores profesionais como tendas de roupa ou calzado, taxistas, vehículos de repartidores autónomos, ou vehículos comerciais que diariamente deben ser necesariamente empregados para o desempeño dos seus labores profesionais e que han de facelo coas maiores garantías de desinfección para evitar posibles contaxios”.

n

Este sistema de aplicación de ozono é o empregado en salas cirúrxicas ou quirófanos e resulta ser a maneira máis rápida e efectiva para destruír o coronavirus (Covid19) en menos de media hora, dependendo da superficie a desinfectar.

n

“Un vehículo queda plenamente desinfectado en 15 minutos e, despois de ser aireado poucos minutos, quedará listo para ser usado. O mesmo pasaría coas pezas de roupa, zapatos, etc.., que despois deste breve proceso poderían ser probados por outro cliente con todas as garantías de hixiene e desinfección”, concluíu o alcalde, Paco Ferreira, á vez que animou aos interesados en comunicarse co Concello e requirir este servizo.

n

 

n

maquinas de ozonización.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar