#GONDOMAR GONDOMAR SÚMASE AO PROXECTO #UNÁRBOLPOREUROPA

 

n

DIA MEDIO AMBIENTE 2020.jpg

n

O alcalde Paco Ferreira e membros do seu equipo plantarán este venres, 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, unha árbore secundando a iniciativa #UnÁrbolporEuropa posta en marcha por Equipo Europa, asociación xuvenil que ten como obxectivo achegar ás novas xeracións os procesos de toma de decisións e directrices que se ditan en Europa centradas no medioambiente.

n

Gondomar ratifica así o seu compromiso por promover a sustentabilidade local en Europa e a súa clara aposta por converterse nun municipio referente na defensa do medioambiente e a loita contra o cambio climático.

n

Ante a imposibilidade debido á alerta sanitaria de compartir esta acción nun acto colectivo o alcalde convida os cidadáns a plantar unha árbore ou unha planta e compartilo subindo a súa fotografía nas redes acompañado do cancelo #UnÁrbolPorEuropa.

n Fuente: Concello de Gondomar