#GONDOMAR Gondomar dota de columnas dispensadoras de hidroalcohol os espazos públicos

ALCALDE DISPENSADOR.jpgDISPENSADOR PLAZA.jpg

n

puntos desinfección 5.jpgpuntos de desinfección 7.jpg

n

​Gondomar adáptase á nova normalidade  na que entramos tras levantarse a alerta sanitaria e ou  fai pensando  na  responsabilidade institucional e social  á hora de  cumprir  as medidas  recollidas por lei para evitar novos  contaxios e facilitar  as medidas  hixiénico- sanitarias toda a  poboación estamos obrigrados a cumprir.

n

 

n

​Por iso Gondomar dota de “fontes” dispensadoras de xel hidroalcolico para a desinfección das mans ao municipio. En total distribuiranse 11 en diferentes instalaciónsmunicipais como son os accesos do Consistorio, a Casa da Cultura, as dependencias de urbanismo ou da Policía Local.

n

 

n

​Tamén na Praza da Paradela haberá unha columna dispensadora ao dispor dos veciños e veciñas que precisen do seu uso. Todas elas están dotadas de pedais, para evitar o menor contacto posible das mans cos dispensadores. Pavillóns, colexios ouinstalacións deportivas son outros dos lugares nos que se estuda colocar estesdispensadores de xel.

n

 

n

​Medidas de seguridade que se suman ás xa adoptadas polo concello de Gondomar que dotou as súas instalacións da sinalización necesaria para garantir en todo momento que se mantén a distancia de seguridade interpersoal de metro e medio entre as persoas que acoden a facer as súas consultas ás dependencias municipais, onde se instalaron biombos de separación naquelas nas que os funcionarios están de fronte atención ao público.

n

​Así mesmo nas dúas últimas semanas fíxose entrega aos habitantes de máis de 3000 máscaras reutilizables.

n Fuente: Concello de Gondomar