#GONDOMAR GONDOMAR ORGANIZA OBRADOIROS DE TECNOLOXÍA E COMICS PARA A MOCIDADE

Nestes momentos nos que estamos a adaptarnos a «nova normalidade» imposta pola covid19 no concello Gondomar seguimos a traballar para facilitar a conciliación familiar.

n

Dende a Concellería de Xuventude desenvolveránse dous campus dirixidos a mozos e mozas de entre 8 e 17 de anos nos meses de xullo e agosto, suxeitos a protocolos específicos e as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias.

n

Do 27 ao 31 de xullo realizaremos un CAMPUS TECNOLÓXICO. Nel iniciaranse na robótica, crearán videoxogos e animacións, traballarán no deseño e impresión con 3D. Vai dirixido a mocidade entre 8 e 13 anos e en horario de 10:00 a 13:00h.

n

Do 3 ao 10 de agosto, en horario de 11.00 a 13.00 horas, desenvolverase un Obradoiro de Comic, dirixido a rapaces de entre 9 e 17 anos podendo elexir o seu estilo favorito: Manga, Cartoon ou Superheroes.

n

Os interesados poderán inscribirse entre o 13 e 23 de xullo cubrindo os anexos que se poden pedir na OMIX (Casa da Cultura) e presentándolos xunto a fotocopia DNI ou libro de Familia e volante de empadroamento no rexistro xeral do Concello de Gondomar.

n

 

n

obradoiro comic.jpg obradoiro campus tecnolóxico.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar