#GONDOMAR EN MARCHA UN NOVO MINICAMPAMENTO PARA OS MÁIS NOVOS

n

Gondomar pon en marcha un novo obradoiro dirixido aos máis mozos facilitándolles opcións no seu tempo libre e sempre suxeito o seu desenvolvemento as normativas vixentes en materia hixiénico sanitaria e de prevención fronte á covid-19.

n

Dende este pasado  luns ata o día 10 de agosto desenvolverase o «Obradoiro cómic», organizado pola concellería de Xuventude, no que os/as participantes aprenderán as técnicas básicas deste tipo de ilustracións, podendo escoller entre manga, cartoons ou superheroes.

n

Dende o goberno de Gondomar faise un esforzo por organizar este tipo de pequenos campamentos adaptados a nova normalidade que estamos a vivir, para atender as demandas da mocidade e ao mesmo tempo facilitar, na medida do posible, a conciliación familiar nestes días de verán.TALLER DE COMICS 1 - copia.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar