#GONDOMAR Gondomar apraza a programación cultural de verán

 n

n

n

n

Ante o continuo incremento de contaxios de covid19 que se rexistran en Galicia a concellería de Cultura apraza como medida de prevención as actividades programadas ata finais deste mes. 

n

 ​Gondomar decidiu aprazar o programa cultural que viña desenvolvendo desde o pasado mes de xullo ante a preocupante escalada no incremento de contaxios da covid19 que se están a rexistrar en Galicia. “Preferimos previr e poñer os medios que sexan precisos para non correr riscos ante as cifras que estanse a rexistrar no noso país”, afirmou o alcalde Paco Ferreira.

n

​En total veranse afectadas seis actividades previstas para os dúas últimas fines de semana, ás que se suman as tres aprazadas fai sete días tras confirmar fontes sanitarias un brote de covid19 no municipio.

n

​O programa “Cultura de verán” incluía a celebración de concertos, cinema na rúa e espectáculos familiares cun claro apoio aos artistas e grupos locais “porque eramos conscientes de que a cultura é un sector que non podiamos deixar atrás tras o confinamento”,  manifiestó o rexedor, Paco Ferreira, quen fixo fincapé en que “en todo momento durante o desenvolvemento das actuacións cumpríronse de forma estrita e rigorosa as medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e de distanciamento interpersoalque estamos obrigados a cumprir”.

n

BANNER APLAZADO.jpg

n n Fuente: Concello de Gondomar