#GONDOMAR Gondomar repartiu  xa máis de 250  composteiros  na  súa  aposta  pola  reciclaxe

n

n

​Hoxe efectuouse a décima entrega á que se sumarán máis nos próximos meses atendendo a demanda dos veciños, que desde o primeiro momento mostraron gran interese pola iniciativa. 

n

 O concelleiro de Medioambiente, Brais Misa, acompañado pola  mestra  composteira, Karina  Pereria, realizaron esta nova entrega aos veciñas e veciños que previamente solicitaran un composteiro individual para as súas vivendas. Ata o momento xa se sumaron a esta iniciativa máis de 250 persoas, apostando pola política ambiental que vén desenvolvendo o goberno local esta lexislatura. 

n

 Neste sentido Gondomar segue traballando pola reciclaxe e a sustentabilidade como unha dos seus acenos de identidade. Así o lembrou o concelleiro Brais Misa, quen aproveitou a ocasión para agradecer a implicación das veciñas e dos veciños  nestas iniciativas que favorecen a redución de residuos e suliñou aos presentes todas as vantaxes que reportan á contorna e á economía local.

n

 Ata o de agora realizáronse un total de dez entregas e espérase sumar máis nos próximos meses debido á gran acollida que esta iniciativa, apoiada polo Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, tivo entre a poboación que respondeu cunha alta demanda de  composteiros.

n

57c1b093-23f2-4c9d-933c-b8c2c42a0714.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar