#GONDOMAR Gondomar achega as aulas da Universidade de Vigo aos maiores do municipio  

n

​A concellería de Formación, dirixida por Rocío Goberna, e a Universidade de Vigo poñerán en marcha no municipio o programa “Mareas de coñecemento e experiencia”, dirixido a maiores de 50 anos e que se desenvolverá entre os meses setembro e outubro. 

n

 O programa concrétase nun curso de 15 horas que se estruturará en tres seminarios, con sesión divulgativa e práctica, que abordarán cuestións como “Saúde e Benestar”, “Arte e Historia” e, por último, “Tecnoloxía: uso das ferramentas no teléfono móvil”, todos eles impartidos por profesorado da Universidade de Vigo.

n

​O alcalde, Paco Ferreira, agradece este tipo de proxectos académicos como o da formación universitaria para os maiores de 50 anos porque “é fundamental que sigan activos e facilitarlles as ferramentas e medios para que sexa así, para que gocen da súaterceira mocidade e sigan achegando a nosa sociedade tanto como fixeron ata o de agora”.

n

​Os interesados en matricularse, calquera maior de 50 anos, deberán facelo con inscrición previa no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.n document.getElementById(‘cloak3b76a824c07fa87d20ea4142e10cc921’).innerHTML = »;n var prefix = ‘ma’ + ‘il’ + ‘to’;n var path = ‘hr’ + ‘ef’ + ‘=’;n var addy3b76a824c07fa87d20ea4142e10cc921 = ‘emprego’ + ‘@’;n addy3b76a824c07fa87d20ea4142e10cc921 = addy3b76a824c07fa87d20ea4142e10cc921 + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;n var addy_text3b76a824c07fa87d20ea4142e10cc921 = ‘emprego’ + ‘@’ + ‘concellodegondomar’ + ‘.’ + ‘gal’;document.getElementById(‘cloak3b76a824c07fa87d20ea4142e10cc921’).innerHTML += ‘‘+addy_text3b76a824c07fa87d20ea4142e10cc921+»;n  ou no teléfono 986 384 020. Os grupos, atendendo ás normas de seguridade hixiénico-sanitarias, serán reducidos e nas clases o uso de máscara será sempre obrigatorio.

n

​O curso arrincará co seminario “Saúde e benestar”, que se desenvolverá os días 17 e 18 de setembro a cargo de profesorado da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no que se dará nocións básicas sobre a actividade  física para o día a día. Os día 24 e 25 de setembro, docentes do programa universitario de maiores da Universidade de Vigo impartirán o seminario “Arte e Historia” onde centráranse naarqueoloxía de Gondomar.

n

​Pechará o curso o seminario “Tecnoloxía: uso de ferramentas no teléfono móbil” impartido por profesores da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo e que en sesiónsteórico-prácticas achegarán o uso do teléfono móbil e o uso de redes sociais oudiferentes aplicacións nelas así como o seu uso.

n

40bbd989-da80-4c8e-a6a7-4e2bab65f71b.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar