#GONDOMAR Gondomar crea un roteiro botánico para dar a coñecer o seu rico patrimonio vexetal

n

 A  iniciativa servirá para destacar as especies de interese que se atopan no centro urbano do municipio, un percorrido onde se conxugarán o valor de elementos arquitectónicos de Gondomar coas especies arbóreas ou vexetais que se atopan na súa contorna.

n

 Potenciar a riqueza natural do municipio como un elemento máis de interese de Gondomar e de diversificación dos seus atractivos turísticos é un dos obxectivos desta nova iniciativa coa que se quere dar a coñecer a veciños e visitantes o patrimonio vexetal dos parques urbanos da localidade.

n

 O novo roteiro botánico partirá da actual Oficina de Turismo onde un panel inicial marcará o percorrido total que discorre polas principais zonas verdes de Gondomar como poden ser o Parque das Rosas, o Parque das Ánimas ou a Alameda de San Benito, pasando pola  Praza Paradela, o parque da Coelleira para finalizar no Antigo Matadoiro.

n

 Ao longo do percorrido estarán sinalados os lugares máis emblemáticos cunhas pequenas placas cun código QR que permitirán coñecer diversos detalles como o seu lugar de orixe das especies elexidas, o seu nome científico, ou as súas principais características. 

n

 O novo roteiro botánico de Gondomar é un paso máis na recuperación das zonas verdes e lugares de lecer para os cidadáns, un dos obxectivos que desde un primeiro momento marcouse o goberno de Paco Ferreira apostando pola peonalización no caso urbano seguindo o camiño aberto coa remodelación acometida na Praza Paradela, e a creación de zoas de lecer para o uso e disfrute da veciñanza.

n

 Búscase poñer ao alcance de toda a veciñanza e visitantes espazos, ás veces descoñecidos, achegándolles a correcta integración que se logrou nos últimos anos entre elementos arquitectónicos que definen a identidade do municipio coa variedade vexetal e paisaxística, singulares, en moitas ocasións. 

n

 Gondomar,  concello adscrito a Vilas  en Flor, ostenta xa un galardón desta asociación que recoñece a aqueles pobos e cidades que destacan por “unha actuación real, consciente e a longo prazo en materia de axardinamento, medioambiente e mellora da calidade de vida dos seus habitantes”. 

n

 

n

420892ec-dd49-4444-9b49-54556b29bcff.jpg b88d6992-a903-4853-a040-ee0d189de35c.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar