#BAIONA O Concello de Baiona recibe 6.000 euros da Deputación de Pontevedra para adquirir produtos sanitarios e de desinfección no centro Anxo Bedriñana

O Concello de Baiona beneficiouse dunha subvención de 6.000 euros ao amparo da habilitación da liña 2 do Plan Concellos 2020 que a Deputación de Pontevedra puxo a disposición para dar liquidez á hora de sufragar necesidades motivadas pola crise do coronavirus. Concretamente, a subvención vai destinada á actuación que ten por nome “Medidas destinadas a paliar os efectos negativos da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 e a prevención para evitar a transmisión da pandemia”.
O obxectivo deste concello é poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias no centro Anxo Bedriñana xa que está previsto a implementación de actividades en distintos ámbitos, tales como o programa “Emprégache”, o programa achegándonos ás novas tecnoloxías, entre outros así como distintos curso enfocados aos máis novos do municipio por exemplo o curso de ilustración e cómic que comeza este sábado.
O Concello de Baiona iniciará no edificio municipal a posta en marcha de protocolos e implantación das medidas de prevención, que teñen como obxectivo xeneral, e reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia.
LIÑAS DE ACTUACIÓNS
A subvención destinarase a distintos tipos de actuacións. A primeira delas é a posta en marcha dun tratamento de choque no edificio municipal o que supoñerá unha limpeza con produtos hixiénicos adecuados contra a COVID antes da apertura das instalacións.
Doutra banda, a axuda servirá para colaborar nos labores de limpeza e desinfección en profundidade o centro municipal: desinfección de superficies cando sexan usadas as aulas por distintas persoas ( mesas, computadores, cadeiras, pomos de portas …); desinfección do material cando é compartido…
O terceiro tipo de actuación para o que se destinará a subvención da Deputación Provincial de Pontevedra é o relacionado coa hixiene e protección persoal. A hixiene de mans é a medida principal de prevención e control da infección por coronavirus. Por iso, garantiuse a presenza de dispensadores de xabón e de xel en base alcohólica para a desinfección de mans. Tamén se dedicará parte desta partida á adquisición de máscaras.
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ gabinetedeprensa@baiona.gal

n

What do you want to do ?

New mail

nFuente: Concello de Baiona