#GONDOMAR Gondomar convoca o I Concurso de Tostas de Outono como incentivo para a hostalería

n

 O certame, organizado pola Concellería de Comercio e Turismo, dirixida por Rocío  Goberna, está destinado a todos os negocios de hostalería e restauración do municipio e exponse como unha iniciativa que busca “a súa promoción e dinamización, así como de revalorización da oferta gastronómica de Gondomar”.

n

 ​Os interesados/as en inscribirse poderán facelo ata o próximo día 8 de outubropresentando as súas solicitudes no rexistro municipal, descargándoas na páxina web do concello www.concellodegondomar.gal, onde tamén poderán consultar as bases aprobadas deste certame, que se desenvolverá entre os días 17 de outubro e 29 de novembro. 

n

​Dende a concellería de Comercio e Turismo apostase por este tipo de iniciativas, acordadas co sector, por entender que “sempre son boas para os nosos hostaleiros e restaurantes, pero moito máis neste momento de recuperación que viven tras o confinamento e as consecuencias que para moitos deles tivo”.

n

​O sabor e a creatividade serán os dous requisitos prioritarios para valorar a tosta gañadora do certame, da que só se poderá presentar unha única elaboración (doce ousalgada) que entre os seus ingredientes principais deberán ter “un produto típico do outono, como poden ser as noces, a cabaza, ou os cogomelos, entre outras”.

n

​O veredicto dependerá dos usuarios xa que será un xurado popular o que cos seus votos en cada establecemento elixirá os gañadores. Os tres primeiros clasificados contarán cun diploma acreditativo e o máis votado recibirá unha Chaquetilla de Chef oficial serigrafiada co lema “I Concurso de tostas de Outono de Gondomar” e encabezará o cartel de promoción da seguinte edición.

n

​Tamén se recompensará a participación cidadá e entre as papeletas depositadas polos consumidores sortearanse tres vales en metálico, por valor de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, en concepto de cea, comida e almorzo a consumir nos tres establecementos que accedan ás mellores puntuacións.  

n

a227aa62-3d5f-4f34-ab86-f13cf03f0fb9.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar