#GONDOMAR A hostalería apoia amplamente o I Concurso de Tostas de Outono de Gondomar

​O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a edil de Comercio, Rocío Goberna, presentaron esta mañá a I edición do Concurso de Tostas de Outono, na que participarán un total de 13 establecementos do municipio con elaboracións nas que priman os produtos típicos da época. 

n

 ​O rexedor agradeceu o amplo respaldo desta nova iniciativa posta en marcha polo departamento de Comercio buscando “unha vez máis a promoción e dinamización do sector hostaleiro e de restauración, así como a revalorización da oferta gastronómica de Gondomar que moita e saborosa”.

n

​Durante a presentación puidéronse coñecer xa as tostas que concursarán e que se poderán degustar por un prezo de 3 euros entre os días 17 de outubro e 29 de novembro. Serán os clientes quenes co seu voto convértanse en xurado “popular” que determine as tres gañadoras, depositando a súa valoración en urnas habilitadas para a ocasión nos locais.

n

​Unha tarefa nada fácil comprobando as elaboracións presentadas nas que ademais do sabor haberá que puntuar a súa presentación. Os produtos elixidos son variados cunha característica común: propios da época do ano na que estamos, converténdose así, as castañas, cogomelos, noces ou figos nalgúns dos elementos presentes nelas.

n

​Así se poderá comprobar como ligan o puré de castañas, co lacón e o pemento; a crema de castañas con chocolate quente; os cogomelos salteados con chalota e allo, enriquecido con crema de leite e xamón de crocante; ou, unha tosta de viño de Mencía, figos, queixo parmesano e foie de pato, entre outras moitas.

n

​ Os tres primeiros clasificados contarán cun diploma acreditativo e ou máisvotado recibirá unha Chaquetilla de Chef oficial serigrafiada co lema “I Concurso de tostas de Outono de Gondomar” e encabezará o cartel de promoción da seguinteedición.

n

​ Tamén recompensarase a participación cidadá e entre as papeletas depositadas polos consumidores sortearanse tres vales en metálico, por valor de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, en concepto de cea, comida e almorzo a consumir nos tres establecementos que accedan  ás  mellores  puntuacións.  

n

 

n

0fd4b8c2-be0a-48fe-b452-46f39b2e6f6f.jpg

n

7bf07e1d-eadb-4b25-a588-c01f09d3d69e copia.jpg

n

Cartel_concursoTostasFinal.jpg

n

 

n

 

n

n

 

n

 

n

 

n

 

n

 

n

 

n Fuente: Concello de Gondomar