#BAIONA O Concello de Baiona rubrica por primeira vez un convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña

O Concello de Baiona rubrica por primeira vez un convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña.n

O Alcalde de Baiona. Carlos Gómez Prado, e a presidenta da Asociación “ Avelaíña”, Fernanda Orduna, rubricaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a asociación recibirá unha subvención do Concello de Baiona para dar información e asesoramento aos veciños e veciñas do municipio que o precisen. A contía concedida ascende a 1.000 euros, e axudarán a dar resposta á necesidade de información en saúde mental na Vila.
É a primeira vez que o Concello de Baiona asina un convenio de colaboración con esta entidade.O Alcalde e a presidenta asinaron o documento que oficializa a alianza municipal cunha asociación que conta con máis de 20 anos de experiencia ao servizo da saúde mental. Nación en 1997 na Guarda pero o proceso de expansión da Asociación continuou pola comarca do Val Miñor, #ante a necesidade dalgúns usuarios que se desprazaban ata a Garda para recibir atención. Tras pasar por diversos enclaves (Gondomar, Nigrán e Ramallosa) e unha gran serie de xestións e contactos, no ano 2013 Avelaíña solicitou á Tesourería Xeral da Seguridade Social o local situado na Casa do Mar de Baiona. A súa cesión supuxo a estabilización das actividades como Centro de Rehabilitación Psicosocial na comarca do Val Miñor, configurando un servizo e unha nova sede de traballo que se manteñen ata a actualidade.
O Alcalde destacada que “con este convenio, o Concello quere recoñecer o labor desta asociación e apoiar a súa acción social” . Desta forma, o Consistorio apoia “o traballo constante que realiza a Asociación Avelaíña en beneficio da saúde mental. Temos un compromiso coaatención ás persoas con distintas necesidades neste campo e comprometémonos a seguir colaborando en anos vindeiros”.
O novo servizo tratará de dar resposta ás demandas da poboación en relación á Saúde Mental, mellorando así a súa calidade de vida. Trátase dun servizo que vén realizando “ Avelaíña” de forma permanente na zona do Val Miñor, o cal, debido á gran demanda de atención derivada pola situación de crise sanitaria do COVID-19, viuse incrementado.
Os beneficiarios directos desta atención será calquera persoa con necesidades de información en saúde mental, podendo ser persoas con problemas de saúde mental, familiares, persoas coidadoras e profesionais do ámbito sanitario, social e educativo así como calquera cidadán ou cuidadana do Concello de Baiona.
As persoas usuarias poderán acceder ao servizo por iniciativa propia ou por derivación doutros recursos sociocomunitarios: Servizos Sociais do Concello, Centro de Saúde, etc. Accederán ao servizo despois de ser contactadas pola profesional de referencia de Avelaíña, que establecerá unha primeira cita.
A Presidenta da Asociación expresou o seu agradecemento ao Concello de Baiona polo seu compromiso coa firma deste convenio e pola achega económica.
A Asociación na súa sede en Baiona ofrece os servizos de Respiro Familiar, Acompañamento Integral, Xestión e Tramitación, Atención Domiciliaria, Orientación e Integración Laboral, Información e Asesoramento, Escola de Familias, Proxecto de Promoción da Autonomía Persoal en enfermidade mental grave, Proxecto VOZ Natura, a Asociación conta cun Centro de Rehabilitación Psicosocial, con prazas concertadas co Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
GABINETE DE PRENSA CONCELLO DE BAIONA
REALIZADO POR: MARTA GONZÁLEZ PÉREZ, TÉCNICA DE COMUNICACIÓN gabinetedeprensa@baiona.gal

nFuente: Concello de Baiona