#GONDOMAR 15 DE OUTUBRO DIA MUNDIAL DA MULLER RURAL

Gondomar súmase á celebración desta xornada que ten como obxectivo suliñar o importante papel das mulleres no desenvolvemento do noso rural e da súa loita por mantelo con vida, recoñecendo a seu inmenso e innovador traballo no sector agrícola, gandeiro e pesqueiro.

n

Unha xornada que tamén debe servir para reclamar máis apoios para dotar a estas mulleres dos medios e ferramentas precisos para lograr unha igualdade real e efectiva que permitan derrubar barreiras que fan que a presenza das mulleres no rural sexa menor e en peores condicións que a dos homes.

n

logo_mujerrural.jpg

n Fuente: Concello de Gondomar