#GONDOMAR Escolas Deportivas Municipais e da Deputación para o curso 2018 – 2019

O Concello de Gondomar pon en marcha o luns de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00h., as inscricións para as escolas deportivas, Municipais e Deputación, con variedade de deportes, fútbol, tenis, judo, tenis de mesa, patinaxe artístico, balonmán, iniciación o deporte, zumba, deportes colectivos, ximnasia de mantemento e taekwondo, estas votarán a súa andadura o 15 de outubro as de Deputación e 2 de novembro as municipais,

VIVE O DEPORTE.

A Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar abre o luns, día 24 de setembro, o prazo de inscricións para as Escolas Deportivas para o curso 2018/2019. 

Un ano mais, o Concello de Gondomar amplia a súas escolas deportivas, gracias a importante colaboración da Deputación de Pontevedra e dos clubes da comarca, e as modalidades ofertadas son: ...leer más...

#GONDOMAR Curso Operario Industrias Alimentarias

Unha formación para a mocidade que lle dará as competencias básicas para o desenvolvemento das funcións de operario de industrias alimentarias na pequena, mediana ou gran empresa adicadas a fabricación directa de transformados alimentarios ou empresas de servizos e produtos auxiliares para o sector.

A concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro na procura de ofertar á mocidade formación en ámbitos profesionais variados, con demanda laboral e de interese para eles, propón un curso de operario/a de industrias alimentarias. A industria alimentaria ten gran presenza na nosa contorna e formar a mocidade neste ámbito pódelles abrir portas de cara a súa inserción laboral. No curso adquirirán os coñecementos necesarios para participar na condución e control dos procesos de recepción, transformación , elaboración, envasado e almacenamento de produtos alimentarios. O Curso consta de 110 horas de formación repartidas en 50 horas de formación teórica, 50h de prácticas en empresas e 10h dun taller práctico de orientación laboral onde se lles amosará como deben adaptar o seu Cv. a os postos do sector da industria alimentaria.
O prazo de inscrición do curso e vai do 21 de setembro ata o 5 de outubro. Dirixido con preferencia a mocidade de 18-45 anos, desempregada e do Concello de Gondomar. Para formalizar a inscrición cubrir anexos ( paxina web concello de Gondomar, OMIX) e entregalos no rexistro do Concello durante ese período de inscrición.
Para máis información chamar ao 986.369.746 . ...leer más...

#GONDOMAR PRAZAS LIBRES NOS CICLOS DE FORMACIÓN PROFSIONAL

CONTIDO: ábrese o prazo de matrícula nos ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes.
DATAS: dende as 9:00 do 20 de setembro ata as 13:00h do 21 de setembro
REQUISITOS: cumprir os requisitos de acceso as ensinanzas correspondentes
MATRÍCULA: nos centros onde de se imparta ese ciclo , adxudicaránse as prazas por orde de chegada.
Información en
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/14997-prazas-libres-nos-ciclos-formativos-de-fpiclos-formativos-de-fp

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Programa de educación non formal para a mocidade en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural

CONVOCA: XUNTA GALICIA. Axencia de Turismo e Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
CONTIDO: programa de actividades de educación non formal para desenvolver durante fins de semana en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural.O programa é gratuíto e sirve para adquisición da mocidade de competencias e habilidades , para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
DESTINATARIOS: mozos/as entre 18-30 anos
INSCRICIÓNS: formulario de inscripción no enlace:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?
a partir do 14 de setembro ata esgotar as prazas
RUTAS: Ecoturismo ( Ribadeo-Lugo); Xogando a Emprender (Fragas do Eume); Autocoñecemento 360º (Valdoviño-Coruña);Estadías creativas ( Seoane do Courel); Ecoturismo (Costa da Morte Coruña); Corpo emente (Covelo-Pontevedra); Descubre o Xures ( LimiaOurense); Emprendemento natural (Ancares-Lugo)
Información www.xuventude.xunta.es ...leer más...

#GONDOMAR Becas y ayudas para alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo para el curso 2018/19

CONVOCA: MINISTERIO EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL
CONTENIDO: se convocan becas y ayudas para alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo para el curso 2018/19. Las ayudas son:
– Ayudas para apoyos y atenciones educatvas derivadas de discapacidad o trastorno graves de conducta.
– Subsidios por necesidades educatvas especiales derivadas de una discapacidad o trastorno grave de conducta para familias numerosas.
– Ayudas para programas específcos complementarios a la educación reglada para alumnado asociado a altas capacidades intelectuales.
PLAZO: presentación solicitudes hasta 27/09/2018
Informa BOE 14/08/2018

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Becas curso 2018/2019

CONVOCA: MINISTERIO EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL
CONTENIDO: se convocan las becas de carácter general para el curso académico 2018/19 para los siguientes estudios: Bachillerato, Formación Profesional de grado medio y superior, enseñanzas artísticas profesionales y superiores, enseñanzas deportivas, estudios religiosos superiores, estudios militares superiores, estudio idiomas en escuelas oficiales, cursos de acceso y preparación pruebas acceso a la formación profesional y grados, formación profesional básica, enseñanzas universitarias, curso preparación acceso universidad mayores 25 años y complementos para el acceso o obtención de Máster y Grados.
SOLICITUDES: mediante formulario vía telemática
https://sede.educación.gob.es
REQUISITOS: estar matriculado en alguno de los estudios mencionados anteriormente, que no superen una determinada renta y/o patrimonio familiar y requisitos de aprovechamiento académico.
TIPOS DE BECAS: Beca matrícula para estudiantes universitarios, cuantía fija ligada a la renta, cuantía ligada a la residencia del estudiante durante el curso, cuantía ligada a la excelencia académica, beca básica estudiantes no universitarios, cuantía variable.
PLAZOS: estudiantes universitarios hasta 15/10/2018 ...leer más...

#GONDOMAR Reparto de mostras de compost no mercado de Gondomar

O resumo da xornada foi tremendamente positivo, repartíronse máis de 100kg de compost (137kg para ser exactos) e tivo unha acollida escepcional entre o publico, até o pronto que xa temos peticións de veciños da Urbanización Miñor; da Pza. Rosalía de Castro e da zona das Ánimas para instalar novos composteiros comunitarios neses barrios.

O da compostaxe é unha opción irreversible, por sustentabilidade medioambiental, por economía (aforro) ás arcas municipais, e tamén por un imperativo da Unión Europea que no 2020 hai que compostar entre o 40% e o 60% da materia orgánica que producimos nos nosos fogares.

Gondomar está nesa senda e dende a Concellaría de Medio Ambiente apóstase pola mesma sen dúbida.

 

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR ANUNCIO: Exposición pública proxecto de reforma da PO331 ao seu paso por Vincios

ANUNCIO do 19 de xullo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-331, punto quilométrico 11+200 a 14+600, de clave PO/17/137.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Está dispoñible en formato papel no Departamento de Urbanismo.

DOCUMENTACIÓN

 

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR II Concruso de Embelecemento de balcóns ou ventás e fachadas da Vila de Gondomar

1.- CONVOCATORIA

            O concello da Vila de Gondomar convoca o II Concurso de Embelecemento de Balcóns ou Ventás e Fachadas da Vila de Gondomar para o verán de 2018. 

2.- OBXECTO DO CONCURSO

            Mediante este concurso, preténdese poñer en valor os beneficios estético-ambientais da recuperación dos balcóns e ventás como elementos vivos da Vila, porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha contribución cidadá á mellora estética dunha rúa ou dun edificio, á mellora da calidade ambiental e, sobre todo, á mellora da relación veciño/a-entorno urbano a través dunha persoal aportación artística que podemos desfrutar todos e todas, tanto veciños/as como turistas. 

3.- PARTICIPANTES

            Poderá participar no concurso toda persoa propietaria ou arrendataria de vivenda con balcón ou ventá que reúna as condicións necesarias para ser decorado, sen que a actividade decorativa supoña un perigo para a integridade da persoa mesma nin das persoas viandantes. Asemade, a ventá ou balcón e fachada obxecto de decoración deberá atoparse dentro do Casco Urbano de Gondomar.  ...leer más...

#GONDOMAR visita guiada cos alumnos procedentes da localidade Francesa de Pornic que están de intercambio co IES Primeiro de Marzo de Baiona.

Os alumnos da especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, promovido polos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, realizaron o día de hoxe unha visita guiada cos alumnos procedentes da localidade Francesa de Pornic que están de intercambio co IES Primeiro de Marzo de Baiona.

O percorrido realizado comezou ás portas da Fortaleza de Monterreal, concretamente na Porta do Sol, onde se lles deu una explicación para introducirnos na historia de dita fortaleza. A Seguinta parada do itinerario se realizou aos pés da Torre de Reloxo e a continuación no Baluarte da Cuncheira, dende onde se divisa unha fermosa panorámica da Vila. Continúa o percorrido parando na Porta dos Frades ou Porta do Pozo, e seguidamente unha importante parada na Batería de Santiago, aos pés da Torre do Príncipe, onde aparte das explicacións históricas o grupo recibiu información interpretativa da paisaxe da Baía, das Illas Cíes, Illas Estelas e outras curiosidades sobre a panorámica.
A xornada transcorreu cunha visita ao Parador Conde de Gondomar, da mán do xefe de recepción, quen nos acompañou a través de diferentes estancias do recinto hoteleiro. Para finalizar outra breve parada a altura da Torre da Tenaza, dende onde se pode observar unha das mellores panorámicas da Baía e das infraestructuras portuarias da Vila. ...leer más...

#GONDOMAR INSCRICIÓNS FP DUAL CURSO 2018/19

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca o prazo presentación de solicitudes para participar na modalidade de formación profesional FP DUAL, que combina a actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

MODALIDADES PONTEVEDRA: Mantemento electrónico: Xestión de aloxamentos turísticos; Dirección de cociña e dirección servizos restauración; Soldadura e Calderería;Xestión de vendas e espazos comerciais; Mecatrónica industrial; Mantemento electromecánico; Fabricación de produtos farmacéuticos , biotecnolóxicos e afíns; Automoción.
PRAZO: inscricións do 25 de xuño ao 3 de xullo.
Información http://www.edu.xunta.es/fp/fpdual

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Gañadores do concurso "Un banco para o mundo"

Os gañadores do concurso “Un banco para o mundo” son:

Javier Lorenzo que gañou o sorteo dos participantes na votación do concurso polo que gañou un teléfono móbil donado por Expert.

E o gañador da foto máis votada foi José Iglesias Estévez que gañou unha cea para duas persoas donada polo restaurante Ardora.

Captura de pantalla 2018 06 20 a las 23.57.35

Captura de pantalla 2018 06 20 a las 23.58.04

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR Ruta mariñeira por Baiona do O.E.Valmiemprega II co intercambio IES 1º de marzo e a Newark Academy de New Jersey.

O Alumnado traballador da especialidade de turismo do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II realizou unha visita guiada co alumnado de intercambio, do IES 1º de Marzo e a Newark Academy de New Jersey de EEUU. A ruta realizada foi a Ruta Mariñeira por Baiona.

O grupo estaba formado por 50 persoas entre alumnado e profesorado, e déuselle a benvida no paseo de Pinzón, onde se lles explicou unha introducción histórica e xeográfica sobre Baiona. A seguinte parada foi na Praia da Cuncheira e falouse do antigo balneario e da importancia das augas curativas desa fermosa Praia. A continuación o grupo trasladouse ata o Encontro entre dous mundos, e recibiron a explicación sobre o monumento, para despois baixar ata a Ribeira e contemplar o azulexo dos arcos da antiga lonxa, e os múltiples elementos relacionados coa Arribada como o Pozo da Aguada. Proseguiu a ruta visitando o museo flotante da Carabela A Pinta, onde desfrutaron moito por ser un elemento curioso e peculiar que non se atopa noutros lugares. Rematou o itinerario no Porto de Baiona, como colofón á ruta e para incidir no carácter mariñeiro da Vila. Entraron nas instalacións da lonxa e recibiron unha explación do seu funcionamento e das capturas que chegan alí. No paseo polo porto puideron ver os barcos pesqueiros e as numerosas e variadas artes de pesca, algunhas delas moi curiosas para eles como as nasas para polbo ou nécora. Rematou a explicación xunto a Estación Marítima sobre a Baía de Baiona e as súas características. ...leer más...

#GONDOMAR CURSO DJ e PERCUSIÓN

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza dúas actividades centradas na música para o mes de xullo. A música en tódalas súas expresión é unha peza vital no desenvolvemento da mocidade, con ela fomentamos a creatividade e a comunicación.

A primeira é un obradoiro de percusión que se vai levar a cabo do 9 ao 20 de xullo en horario de mañá no Auditorio Lois Tobío. O ritmo traballado co corpo, con instrumentos, todo o que nos rodea pode ser un instrumento en potencia.
Do 23 de xullo ao 3 de agosto porase en marcha un Curso de DJ, si o teu son as mesturas e a música electrónica este é o teu curso, recibirás a formación cun DJ profesional.
Con esta iniciativa a Concellería de Xuventude quere achegar a mocidade a aprendizaxe de distintas formas de facer música.
As inscricións para participar nestes talleres será do 15 ao 28 de xuño , máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar 986.369.746 ...leer más...

#GONDOMAR PRAZAS EN RESIDENCIAS XUVENÍS

A Consellería de Política territorial convoca 220 prazas para mozos e mozas de 16 a 30 anos nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social por razón de estudo (ciclo formativo, bacharelato, estudos universitarios) ou traballo, que se vexa obrigada a permanecer fóra do Concello onde ten a súa residencia habitual.

REQUISITOS: ter 16 anos feitos e non superar os 30 na data 31/12/2018
PRAZO: presentación solicitudes ata 12/07/2018
Informa: DOG 12/06/2018

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR PRAZAS EN RESIDENCIAS PARA ALUMNADO DE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca o procedemento de adxudicación das prazas de residencia nos centros residencias docentes de A Coruña, Ourense e Vigo para alumnado que no curso académico 2018/19 inicie ou continúe estudos de bacharelato ou ciclos profesionais.

REQUISITOS: non repetir curso, que a unidade familiar teña a residencia nunha localidade que non permita o desprazamento diario con facilidade.
PRAZO: presentación solicitude Bacharelato: ata 13/07/2018
Ciclo profesional: ata 08/08/2018
Información DOG 08/06/2018

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR AXUDAS PARA A REALIZACIóN DE ACTIVIDADES STEM EN INGLéS NO VERáN

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científicotecnolóxica ou STEM ( ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) destinadas a alumnado matriculado en 3º e 4º da ESO en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia durante o curso 2017/18.

REQUISITOS: estar cursando nun centro sostido con fondos públicos en Galicia 3º ou 4º da ESO, durante o curso 2017/18, ter superadas todas as materias no curso 2016/17 (alumnos/as 4º deben ter superadas todas as materias do curso 2017/18); ter acadado no curso 2016/17 en inglés unha cualificación mínima de 6.
PRAZO: presentación solicitudes ata 12/07/2018
Informa DOG 12/06/2018 ...leer más...

#GONDOMAR “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar

O sábado 9 de xuño a especialidade de “Promoción turística local e información ao visitante” do Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, realizou unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar. O alumnado traballador foi o encargado de guiar a ruta onde se fixeron varias paradas antes de chegar ao pazo.

Comezou o itinerario dando a benvida as mais de 50 persoas que participaron na praza do concello, onde se lles fixo una breve mención histórica sobre a vila e outras curiosidades, a seguinte parada foi xunto a Ponte de Ánimas, onde os participantes tiveron a oportunidade de coñecer algo máis sobre ese fermoso paraxe xunto ao río Miñor e o antigo Camiño Real que por alí pasaba.
Unha vez chegado ao pazo se fixeron varias paradas para coñecer a interesante historia do Pazo en relación coa vila de Gondomar, a figura de Don Diego Sarmiento de Acuña, fillo ilustre da vila, os terreos e antigos xardíns, a arquitectura do edificio e as súas diferentes etapas, resaltando a fachada norte, e o Patio de Armas coa súa impoñente fachada sur, para finalmente rematar co carácter militar e visitar as portas que aínda conserva, a Porta de Baiona e a Porta de Tui ou do sol, testemuñas de moitos feitos históricos alí acontecidos. Os asistentes amosaron gran satisfacción e agradecemento pola oportunidade que se lles brindou de poder acceder ao interior do recinto, e amosarlles parte da nosa historia. ...leer más...

#GONDOMAR Grande acollida da 6ª Edición da Festa da Empanada de Gondomar

Trece establecementos da Vila de Gondomar participaron no evento organizado dende a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI e en colaboración ca Concellería de Comercio e Turismo do Concello de Gondomar.

 Desde o mércores 16 ata o 20 de maio tivo lugar a sexta edición da Festa da Empanada, organizada pola Asociación de empresarios e comerciantes do Val Miñor (OVALMI) en colaboración ca concellería de comercio e turismo do concello de Gondomar.

A cita gastronómica tivo unha grande acollida entre veciños e foráneos que se achegaron ata Gondomar para gozar desta delicia culinaria tan presente en Galicia.

13 establecementos hostaleiros de Gondomar repartiron durante estes 5 días de celebración do evento, centos de racións de multitude de variedades de empanada: carne, xoubas, polo, flan, entre outras. ...leer más...

#GONDOMAR Taller de programación de videoxogos

Do 25 ao 29 de xuño, a Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro organiza un taller de programación de videoxogos para os/as mozos/as de 12 a 17 anos.

Con esta iniciativa a Concellería de Xuventude quere achegar a mocidade a aprendizaxe das bases da programación dun xeito lúdico e sinxelo, coa motivación de inicialos e familiarizalos cunha ferramenta imprescindible para o seu futuro. Aprenderán a pensar con creatividade, a traballar en colaboración e a razoar sistematicamente.
Se estás disposto a pasar unha semana diferente do 1-15 de xuño debes inscribirte para participar neste taller. Información das inscricións na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Gondomar 986.369.746

Descargas:

MODELO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA

AUTORIZACIÓN DE IMAXE ...leer más...

#GONDOMAR FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS e AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

A XUNTA GALICIA .CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA abre o prazo para solicitar o fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º, 4º,5º e 6º Educación Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO; Axudas para adquirir libros de texto para alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial, e Axudas para material escolar destinadas a alumnado de E.Primaria, ESO e E. Especial.

PRAZO: solicitude dende o 22 de maio ata o 22 de xuño do 2018
Información DOG 21/05/2018

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR AXUDAS DE 5000€ PARA A POSTA EN MARCHA DE INICIATIVAS OU PROXECTOS

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL convoca axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para posta en marcha de proxectos planifcados e desenvolvidos polos/as mozos e mozas de Galicia.

Poden solicitar as axudas Os grupos informais: de entre 5 e 8 mozos/as de 1830 anos empadroados nalgún dos municipios de Galicia. As Asociacións Xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade sen interese de lucro e que estean inscritas no censo ofcial da Dirección Xeral de Xuventude , Participación e Voluntariado.
PRAZO: presentación solicitudes ata 16 xuño do 2018
Informa DOG 18/06/2018 http:xuventude.xunta.es ou OMIX Gondomar

n Fuente: Concello de Gondomar

#GONDOMAR EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA VIAXANDO

Na casa do Concello, en Gondomar, poderás ver a creatividade da mocidade do Baixo Miño e Val Miñor.
Do 18 ao 31 de maio, temos no Concello de Gondomar a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 11º Certame Fotográfico do ano 2017. Esta exposición reflexan inquedanzas, situacións cotiás, vivencias, intereses da mocidade.

Pásate a visitala e poderás ver de primeira man os traballos presentados por vinte mozos e mozas participantes dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda, O Rosal, A Guarda, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui.
A actividade está organizada polas oito OMIXs do Baixo Miño e Val Miñor e pola Casa de Xuventude de Tui nun traballo en coordinación. É un certame cunha traxectoria que se vai afianzando e sendo un referente para a mocidade con interese pola fotografía.
O gañador do premio do 11º Certame Fotográfico VIAXANDO no ano 2017 foi Daniel Álvarez Fonterosa coa foto “ Namorados no Interrail” presentada na Casa da Xuventude de Tui.
Noraboa Daniel!!! ...leer más...