Fernando Guitián e Patricia Durán clausuran o GondoNadal

Na actividade, que se desenvolveu dende o pasado 23 de decembro, participaron 30 nenos e nenas de entre 3 e 8 anos

Patricia Durán quere mostrar o seu agradecemento a todos os que participaron e fixeron posible esta edición do GondoNadal

O alcalde de Gondomar,Fernando Guitián, acompañado pola concelleira de Igualdade, Patricia Durán, clausurou, esta mañá, no CEIP Chano Piñeiro o GONDONADAL, o programa de ocio e tempo libre posto en marcha pola Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, e no que participaron 30 nenos e nenas de entre 3 e 8 anos.

Neste último día do GondoNadal houbo diversión para todos. Dende as 12.30 e ata as 13.30 horas; nenos, pais e avós puideron participar xuntos na realización de diversos xogos populares como a corda, carreiras de sacos, zancos, etc… ...leer más...

O Concello repartiu máis de 75.000 euros entre as asociacións e colectivos do municipio no pasado 2013

As subvencións alcanzaron un total de 75.150 euros e foron adxudicadas entre 62 colectivos

O Concello de Gondomar segue apostando por fortalecer as axudas ao tecido asociativo, básico para garantir a cohesión social entre os distintos colectivos do municipio. Por este motivo, o goberno local continuou no pasado 2013 co seu compromiso coas entidades sociais, culturais e deportivas o que se traduciu nun aumento dos colectivos subvencionados, pasando de 53 entidades no ano 2012 a 62 no pasado 2013.

O desembolso supuxo un total de 75.150 euros. As subvencións destinadas a fins sociais foron concedidas a 20 entidades, alcanzando un total de 23.050,00 euros. No relativo ao terreo cultural, foron 17.100,00 euros os repartidos entre 25 entidades. Finalmente, os colectivos deportivos beneficiáronse dun total de 35.000,00 € repartidos entre 17 entidades. ...leer más...

O Concello agradece as distintas iniciativas solidarias postas en marcha este Nadal

Patricia Durán, Concelleira de Benestar Social di sentirse “moi orgullosa da solidaridade das veciñas e veciños”

Desde o Concello de Gondomar, e en especial desde o Departamento de Benestar Social, queren facer chegar o máis profundo agradecemento polas distintas iniciativas solidarias postas en marcha este Nadal no municipio. En concreto agradecer a gran labor realizada pola Galiña Azul, o Centro Cultural de Borreiros, o mercadiño das mulleres de Borreiros, os máis de 400 Papá Noeis moteiros que visitaron Gondomar o pasado día 22 de decembro e, finalmente, agradecer a colaboración de todos os participantes no Torneo Solidario de Fútbol celebrado os pasados 28 e 29 de decembro.

Patricia Durán, concelleira de Benestar Social, recoñece que “iniciativas como estas fannos sentir moi orgullosos da grande solidariedade dos nosos veciños e veciñas e axúdannos a seguir traballando para atender as necesidades dos que máis o necesitan, especialmente en datas tan sinaladas como o é o Nadal”. ...leer más...

Tres jóvenes detenidos por un robo en un chalé de Gondomar el día 24

La Guardia Civil informó ayer de la detención de tres jóvenes vecinos de la comarca como supuestos autores de un robo en el interior de una vivienda de Gondomar la noche del pasado 24 de diciembre.

El puesto gondomareño del instituto armado localizó y finalmente detuvo este viernes a F.P.G., de 27 años y vecino de Baiona, junto a J.B.A. y A.G.B., de 31 y 20 años respectivamente y ambos gondomareños, tras la denuncia presentada en el puesto principal de Baiona por el propietario del chalé, utilizado como segunda residencia.

Según la denuncia, los autores del robo forzaron una venta de la planta baja para acceder a la vivienda, donde sustrajeron joyas y diversos enseres.

Los detenidos, todos ellos con antecedentes policiales, quedaron en libertad tras declarar ante la autoridad judicial, aunque con la obligación de presentarse en el Juzgado de Instrucción Número 2 de Vigo cuando se les requiera. ...leer más...

Gondomar atendió más de 100 incidencias ambientales a través de internet desde mayo

El servicio interactivo de consultas y denuncias medioambientales “Línea verde”, que Gondomar puso en marcha el pasado mes mayo, atendió hasta final de año más de un centenar de incidencias. La plataforma permite a los vecinos resolver dudas y notificar las deficiencias que detecten a través de la web www.lineaverdegondomar.com o mediante una aplicación para móviles.

Por departamentos, el de Vías y Obras es que más incidencias recibió por este medio, un total de 35. Mobiliario urbano y parques y jardines sumaron 10 incidencias cada uno. Nueve tuvieron que ver con la limpieza viaria, ocho con el alumbrado público y la electricidad, y siete, respectivamente, con seguridad y tráfico y medio ambiente.

El Concello ha resuelto ya un total de 46 de estas incidencias y otras 32 están en proceso. El resto fueron denegadas o eliminadas, informan fuentes municipales. ...leer más...

Adxudicadas as actuacións de mellora do Auditorio Lois Tobío de Gondomar

– O contrato foi adxudicado a unha empresa local, cunha inversión de 250.000 euros, dos cales a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achega 170.000 euros
– Prevese que os traballos, que xa deron comezo, estean rematados en agosto do 2014

Vista 01 AltaGondomar, 20 de decembro de 2013.- O concello de Gondomar vén de adxudicar as actuacións de mellora do Auditorio Lois Tobío destinadas a renovar as instalacións do edificio.
Unha empresa local foi a adxudicataria, entre outras 6, do contrato cunha inversión de 250.000 euros. Da contía, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subvenciona 170.000 euros, mentres que o restante será financiado polo Concello.
O proxecto aprobado abrangue numerosas melloras nas instalacións do Auditorio entre as que destacan:
– Creación dunha zona de vestiarios inexistente ata agora
– Adecuación do vestíbulo e aseos
– Habilitarase unha nova entrada ao Auditorio. A situación da entrada actual, situada nun lateral, interrompía o desenvolvemento dos espectáculos dadas as entradas e saídas do público
– Creación dunha zona de carga e descarga
– Adecuación da platea para outros usos
– Mellorarase o acceso ao escenario á persoas con mobilidade reducida ou problemas de visión
– O exterior tamén cambiará e amosará unha estética totalmente distinta á actual ...leer más...