O Concello acomete as obras do Proxecto de adecuación do paseo ao longo do río Miñor no Parque da Coelleira

– A iniciativa está subvencionada nun 80% pola Consellería de Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia e conta cun investimento total de 50.000 euros
– Os traballos céntranse no desmonte dos muros existentes na zona para rematar en talud ata o paseo que será formigonado

proyecto MiorporGondomar, 20 de decembro de 2013. – O Concello de Gondomar continúa co seu propósito de poñer en valor a riqueza natural do río Miñor. Con este obxectivo, deuse comezo ás actuacións englobadas dentro do Proxecto de adecuación do paseo ao longo do río Miñor no Parque da Coelleira.

Unha vez conseguidos os permisos de Augas de Galicia e Patrimonio, operarios do Concello acometen estes días os traballos centrados no desmonte dos muros existentes na zona para rematar en talud ata o paseo, que será formigonado para asegurar a estabilidade do firme e contará cun ancho de tres metros e medio. ...leer más...

O servizo Línea Verde, posto en marcha no Concello en maio, recibe o ‘Premio 2013 ao Maior Impacto Cidadán’

En sete meses, este servizo gratuíto rexistrou un total de 103 incidencias no municipio, das cales 46 xa foron solucionadas, 32 están en proceso, 22 foron denegadas e 3 foron eliminadas

Gondomar, 19 de decembro de 2013. – O Servizo de Consultas Ambientais, Línea Verde, alzouse co «Premio 2013 ao Maior Impacto Cidadán» outorgado por Ecovidrio. O Concello de Gondomar conta dende o pasado mes de maio con este innovador servizo gratuíto onde veciños e empresas poden resolver todas as súas dúbidas relacionadas co medio ambiente, ademais de notificar as incidencias que detecten no municipio.
Poden facelo mediante dúas vías: a través da páxina web www.lineaverdegondomar.com; ou a través da aplicación gratuíta para móbiles Línea Verde. En menos de 24 horas, un grupo de expertos atenderán as preguntas e xestionarán as incidencias formuladas.
Ademais, Línea Verde Gondomar pon a disposición dos usuarios información moi útil en materia ambiental como ordenanzas, regulamentos, actualidade, preguntas frecuentes, eventos de interese, etc. ...leer más...

O doutor Pato imparte unha charla sobre a enfermidade de Alzheimer

– Baixo o epígrafe Enfermidade de Alzheimer: que é?, onde estamos?, cara onde vamos?, o neurólogo informou aos asistentes sobre as particularidades desta enfermidade neurolóxica dexenerativa

charla AlzheimerGondomar, 19 de decembro de 2013.- O neurólogo de Povisa, o doutor Pato, impartiu na tarde de onte, no Centro Neural de Gondomar, unha conferencia sobre as particularidades médicas que rodean á enfermidade do Alzheimer. Á charla asistiron máis de 40 persoas que se interesaron por coñecer os síntomas que presenta esta enfermidade así como todo o relacionado co seu tratamento.

Baixo o epígrafe de Enfermidade de Alzheimer: que é?, onde estamos?, cara onde vamos?, o doutor Pato incidiu na importancia dunha detección temperá para facerlle fronte, do mellor xeito posible, a esta enfermidade dexenerativa que cada día afecta a máis persoas. ...leer más...

Finaliza o cambio das portas da Praza de Abastos

– A actuación, na que se investiron 20.000 euros, foi posible grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia
– Así mesmo iniciouse a limpeza e pintado das fachadas do edificio

Gondomar, 18 de decembro de 2013. – A Praza de Abastos de Gondomar xa loce novas portas. A actuación, na que se investiron 20.000 euros, foi posible grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Da contía, a Administración Autonómica financiou o 80%, mentres que o 20% restante correu a cargo do Concello.
Do mesmo modo, Juan Carlos González, concelleiro delgado de Mercados e Praza de Abastos, informa de que nestes días se está a levar a cabo a limpeza e o pintado das fachadas da Praza.
Con estas actuacións o Concello de Gondomar continúa apoiando a actividade do mercado e aposta por manter as instalacións municipais nun óptimo estado de mantemento favorecendo, así, ao funcionamento destas. Proba diso son as numerosas melloras que se levaron a cabo no edificio, algunhas delas demandadas polos propios praceiros/as.
Entre estas destacan: a reparación integral da instalación de fontanaría do Mercado na que se investiron 9.000 euros dos fondos municipais e a canalización dos desaugadoiros das cámaras frigoríficas levada a cabo por empregados municipais. Ademais destas actuacións aprobouse a ordenanza reguladora do Mercado Municipal e finalmente substituíronse as portas da Praza. ...leer más...

O IV Torneo de Tenis Nadal 2013 de Gondomar recada máis de 200 quilos de comida para as familias máis necesitadas

– En total recadáronse aproximadamente 250 quilos de alimentos non perecedoiros que foron repartidos entre as familias necesitadas de Gondomar

– Natalia Salgueiro, concelleira de Deportes e Patricia Durán, responsable de Benestar Social agradecen a participación e colaboración de todos os veciños

Torneo Tenis NadalGondomar, 17 de decembro de 2013.- O pasado domingo tivo lugar o IV Torneo de Tenis Nadal 2013, organizado polo Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes. A competición desenvolveuse nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes dende 09.30 horas ata as 14.00 horas.

A competición abrangueu as categorías pre-benxamín, benxamín, cría, infantil e cadete nas que resultaron gañadores Claudia Sanjuan, Íker Álvarez, Juan Martínez, Sofía Bancoff e Jonathan Riveiro, respectivamente. O segundo posto ocupárono: Anxo Ferreira, Andrea Sampedro, Pablo Villa, Alexandra de Saa e Anxo López, respectivamente. ...leer más...

OMIXs Baixo Miño organiza unha viaxe a neve

A fin de semana do 7 ao 9 de febreiro tes unha cita coa neve

sanisidro

A Oficina Municipal de información Xuvenil de Gondomar (OMIX), xunto coas de Baiona, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Salceda de Caselas imos por en marcha unha fin de semana de esquí ou snow en San Isidro. No que podedes participar mozos e mozas maiores e menores de idade.
Todo o que desexe iniciarse neste deporte ou pasar unha boa fin de semana esquiando ten a súa cita marcada para a fin de semana do 7 ao 9 de febreiro en San Isidro.
Ofértanse distintos prezos segundo necesidades, que van de 153€ a 193€ a fin de semana. En todos eles se inclúe: autobús, aloxamento, manutención, seguros e forfait para os dous días completos. O que varía o prezo é con ou sen material de esquí ou snow, ou con ou sen clases con monitor.
Se estás interesados ou necesitas máis información debes chamar a túa OMIX.
OMIX Gondomar 986.369.746 e inscríbete. ...leer más...

Gondomar prepara o seu Nacemento Vivente por terceiro ano consecutivo

– A Concellaría de Cultura convida á participación tanto na montaxe como na representación deste evento que se celebrará os días 25 e 29 de decembro e o 5 de xaneiro na Praza Paradela (ao lado do Concello)

– Seguindo coas actividades de Nadal, xa se instalou o Buzón Real no que os nenos e nenas poderán depositar as súas cartas dirixidas aos Reis Magos

Gondomar, 17 de decembro de 2013.- Por terceiro ano consecutivo, a Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar prepara o Nacemento Vivente coa colaboración de veciños e veciñas, e que se representará os días 25 e 29 de decembro e o 5 de xaneiro na praza Paradela (os xardíns próximos á Casa Consistorial), de 17.00 a 19.30 horas.

Dende a Concellaría de Cultura convídase a todo o que o desexe a participar tanto na montaxe do espectáculo como na súa representación. As labores previas de elaboración de decorados e da preparación do nacemento realizaranse todos os días, ás 16.00 horas na praza Paradela. ...leer más...

A Concellaría de Vías e Obras adecúa os alcorques do aceirado no Barrio de Fontán

– Os traballos de mellora estanse a levar a cabo na beirarrúa do supermercado Froiz

– Tamén na zona, operarios do departamento de Estradas da Xunta de Galicia iniciaron a construción dunha nova beirarrúa que pasará pola Citroën e finalizará á altura de Materiais de Construción Quintas

mejora alcorques 2Gondomar, 12 de decembro de 2013. – O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Vías e Obras, que dirixe Jesús Salgueiro, está a realizar melloras no aceirado e nos alcorques con danos do Barrio de Fontán, situadas en fronte do supermercado Froiz.

A mala situación dos alcorques obstaculizaba o tránsito pola beirarrúa, sobre todo a aquelas persoas con algún tipo de minusvalidez ou de idade avanzada. «Estamos a traballar para mellorar, non só o aspecto das rúas de Gondomar, senón tamén a seguridade dos nosos veciños e veciñas», explica Salgueiro. ...leer más...

O Centro Neural acollerá unha charla sobre a enfermidade de Alzheimer

– Será mañá, día 18, ás 19.30 horas

– A conferencia, impartida polo doutor Pato, está destinada a todas aquelas persoas interesadas en informarse sobre esta enfermidade e especialmente ás persoas coidadoras

Gondomar, 17 de decembro de 2013.- Desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar infórmase de que mañá, 18 de decembro ás 19.30h, o Centro Neural acollerá unha conferencia informativa sobre o Alzheimer, unha enfermidade dexenerativa que cada día afecta a máis persoas.

O doutor Pato, neurólogo de Povisa, será o encargado de impartir esta charla destinada á todas aquelas persoas interesadas en informarse sobre esta enfermidade e especialmente ás persoas coidadoras de enfermos de Alzheimer .

Esta conferencia enmárcase dentro da campaña informativa sobre a enfermidade de Alzheimer, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra e a Fundación Colexio Médico de Pontevedra, e na que colaboran máis de 40 concellos da provincia, entre eles Gondomar. ...leer más...

A brigada de vías e obras realiza tarefas de poda e limpeza no arboredo do río Miñor

– Os traballos estanse a realizar a metro e medio de alto, no tramo situado entre a Ponte de Mañufe e o Parque da Coelleira

– Así mesmo, dende Parques e Xardíns estase a levar a cabo a poda das árbores do municipio. Xa se actuou na Alameda, a suba á Igrexa e actualmente estase a levar a cabo a poda das árbores situadas no centro de Gondomar. Tras os traballos na zona urbana, iniciarase a poda nas parroquias

poda2Gondomar, 11 de decembro de 2013. – Operarios do departamento de Vías e Obras, que dirixe Jesús Salgueiro, están a levar a cabo a limpeza e poda das árbores situadas na canle do río Miñor. As tarefas, iniciadas unha vez obtidos todos os permisos de Medio Rural e Augas de Galicia, estanse a realizar a metro e medio de alto no tramo situado entre a Ponte de Mañufe e o Parque da Coelleira. Por outra parte, Salgueiro anuncia que en breve o Grumir realizará tarefas de roza nos bordes do río. ...leer más...

A Xunta de Galicia inviste case 40.000 euros na reforma da cuberta do CEIP Serra-Vincios

– A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o centro educativo, acompañada polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián

– Nos últimos anos, a Xunta de Galicia investiu preto de 350.000 euros na mellora das infraestruturas educativas do Concello

– Na visita tamén estiveron presentes o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, a concelleira de Educación do Concello de Gondomar, Paula Bouzós, e os concelleiros de Urbanismo e de Servizos e Medio Ambiente, Carlos Lameiro e Juan Carlos González, respectivamente

SL372077

Gondomar, 4 de decembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, acompañada polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián visitou esta mañá o CEIP Serra-Vincios para comprobar a finalización das obras de mellora da cuberta do colexio, nas que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, investiu case 40.000 euros. ...leer más...

O Concello de Gondomar homenaxea a Gumersinda Cortegoso no seu 102 aniversario

– Fernando Guitián, acompañado polas concelleiras Patricia Durán e Natalia Salgueiro, visitou a centenaria para felicitala e facerlle entrega dun ramo de flores en nome de todo o equipo municipal

gumersinda cortegoso

Gondomar, 4 de decembro de 2013. – O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Patricia Durán e a edil de Deportes e Facenda, Natalia Salgueiro, participou na homenaxe que o Concello de Gondomar lle rendeu, onte, 3 de decembro, a Gumersinda Cortegoso Pereira, coincidindo co seu 102 aniversario.

Gumersinda recibiu de mans de Fernando Guitián, Patiricia Durán e Natalia Salgueiro, en representación de todo o goberno municipal, un ramo de flores nun emotivo acto no que tamén estivo presente familia da centenaria.

Fuente: Concello de Gondomar ...leer más...

Segue aberto o prazo para participar no XXXII Certame de Rondallas de Reis de Gondomar

– Os interesados en participar poden inscribirse no Rexistro do Concello de Gondomar, ata o luns 16 de decembro ás 13.00 horas

– Este ano, pese a adversa situación económica, séguense a manter as axudas de 1000 euros ás rondallas participantes

Gondomar, 2 de decembro de 2013.- O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Festexos, dirixida por Ignacio Troncoso, organiza un ano máis o XXXII Certame de Rondallas de Reis, que se celebrará o día 6 de xaneiro a partir das 10.30 horas da mañá.

Os interesados en participar aínda poden inscribirse no Rexistro do Concello de Gondomar, ata o luns 16 de decembro ás 13.00 horas, en horario de 9.00 a 13.30, de luns a venres; e de 9.00 a 13.00 horas os sábados.

Axuda de 1000 euros

Este ano e pese á adversa situación económica, o Concello segue a manter a axuda de 1000 euros a cada rondalla participante, feito co que a concellaría de Festexos reitera o seu compromiso co mantemento desta tradición e o seu esforzo para potenciala. ...leer más...

O Concello de Gondomar recibe un coche patrulla para a Policía Local

– O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado polo responsable da área, Juan Carlos González, recibiu esta mañá de forma oficial o coche patrulla

– O novo vehículo, un Ford Kuga totalmente novo e equipado, foi adquirido en propiedade polo Concello de Gondomar grazas a unha subvención mediante a que a Xunta de Galicia financiou o 80%, mentres que o Concello fixo fronte ao 20% restante

policia

Gondomar, 29 de novembro de 2013. – Os axentes da Policía Local de Gondomar dispoñen dun novo coche patrulla que custou 31000 euros e que foi posible grazas a unha subvención solicitada polo Concello de Gondomar á Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. Da contía, a Xunta de Galicia financiou o 80%, mentres que o Concello fixo fronte ao 20% restante.

O Alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado polo responsable da área, Juan Carlos González, recibiu esta mañá de forma oficial o coche patrulla. O novo vehículo, un Ford Kuga totalmente novo e equipado adquirido nun concesionario Ford do municipio, súmase ao parque móbil municipal e convértese no primeiro vehículo policial que o Concello adquire en propiedade, xa que ata o momento non se contaba con ningún. ...leer más...

O Concello de Gondomar organiza o IV Torneo de Tenis Nadal 2013

– O prazo para inscribirse remata este venres 13 de decembro
– Os participantes socios deberán aportar un quilo de alimentos non perecedoiros, mentras que os non socios deberán contribuir con dous quilos

bases benefico nadal 2013 Página 1

Gondomar, 11 de Decembro do 2013.- O Concello de condomar, a través da Concellaría de Deportes, colabora có Club de Tenis Gondomar na organización do IV Torneo Escolar de tenis Nadal 2013. Esta competición de carácter benéfico ten coma fin recoller alimentos non perecedoiros para os máis desfavorecidos e fomentar a unión e a confraternidade a través do deporte.

A competición terá lugar o vindeiro domingo día 15, no IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes. Dará comezo ás 09.30 horas coa recepción dos participantes e finalizará ao redor das 14.00 horas. ...leer más...

A compañía ATSA móstrase disposta a negociar para resolver o problema do transporte público de Gondomar

– O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado por representates da Plataforma por un Transporte Público digno para Gondomar e o Val Miñor reuniuse coa empresa dentro da rolda de encontros que se están a levar a cabo entre as partes implicadas no conflito

– No encontro tamén estiveron presentes o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o xefe do servizo da Dirección Xeral de Mobilidade e o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos de Gondomar

atsa

Gondomar, 29 de novembro de 2013. – Na mañá de onte, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado por representantes da Plataforma por un Transporte Público digno para Gondomar e o Val Miñor, reuniuse con representantes da empresa de transportes ATSA nun encontro ao que tamén asistiron o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o xefe do servizo da Dirección Xeral de Mobilidade e o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos do Concello de Gondomar, Juan Carlos González. ...leer más...

Gondomar condena a violencia contra a muller

– Tras o manifesto gardáronse dos minutos de silencio

Gondomar, 25 de novembro do 2013. – Ás 12.00 horas, diante do edificio do Concello, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián deu lectura ao manifesto no que, en representación de todas as persoas que conforman o municipio, se condenou calquera tipo de violencia contra a muller.
O rexedor gondomareño recalcou que «para paliar as graves situacións que produce, é necesaria a súa abordaxe desde unha perspectiva integral. Para iso son fundamentais as medidas de sensibilización para implicar a toda a sociedade na eliminación desta eiva social; os programas de prevención da violencia de xénero, prestando especial atención aos menores expostos a esta violencia; a coeducación para previr condutas discriminatorias en todos os tramos do ensino; a atención integral e a coordinación institucional, para evitar duplicidades e actuar con maior eficiencia». ...leer más...

Aberto o prazo para participar no XXXII Certame de Rondallas de Reis de Gondomar

– Os interesados en participar poden inscribirse no Rexistro do Concello de Gondomar, ata o luns 16 de decembro ás 13.00 horas
– Este ano, pese a adversa situación económica, séguense a manter as axudas de 1000 euros ás rondallas participantes

Gondomar, 22 de novembro de 2013.- O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Festexos, dirixida por Ignacio Troncoso, organiza o XXXII Certame de Rondallas de Reis, que se celebrará o día 6 de xaneiro a partir das 10.30 horas da mañá.
Trátase dunha das citas de referencia da provincia, tanto pola lonxevidade do certame como pola tradición que este tipo de música ten en Gondomar e o interese que esperta o tradicional e vistoso encontro de bandeiras de participantes.
Cada unha das agrupación, compostas todas elas de entre 40 e 150 persoas, interpretará durante quince minutos fronte a Praza do Concello as pezas que ela mesma seleccionase e efectuará un cruce de bandeiras coa rondalla anterior e posterior na intersección das rúas Ángel Urzaiz e Elduayen. ...leer más...

Un sistema de aviso por SMS informará das avarías na estación de bombeo de A Torre, en Chaín

– O custo deste servizo será unicamente o das mensaxes, uns 10 euros anuais

sistema SMS bombeoGondomar, 25 de novembro de 2013. – O Concello de Gondomar ven de instalar un novo sistema de avisos de avarías mediante mensaxes de texto no bombeo do barrio de A Torre, na parroquia de Chaín.

Este sistema de avisos por mensaxes SMS, alertará de forma inmediata aos operarios de calquera avaría na estación de bombeo, polo que lles permitirá chegar ao lugar e reparar o fallo na maior brevidade posible.

O custo deste servizo será unicamente o das mensaxes, uns 10 euros anuais, xa que a liña telefónica utilizada pertence ao Concello, ao contrario do sistema anterior instalado polo ex goberno do concelleiro non adscrito Antón Araujo, o cal estaba contratado a través dunha empresa externa que facturaba uns 1800 euros anuais. ...leer más...

Un total de 255 mozos e mozas de Gondomar participarán na campaña Faite Ver

– O obxectivo desta campaña é o de concienciar a ciclistas e peóns de que eles tamén son parte da circulación e proporcionar os coñecementos necesarios para circular correctamente e evitar situacións de risco
– A campaña está promovida pola concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá

faite verGondomar, 22 de novembro de 2013.- O vindeiro luns, 25 de novembro, dará comezo a III Campaña de Educación Vial Faite Ver, promovida pola concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá.
O obxectivo desta campaña é o de concienciar a ciclistas e peóns de que eles tamén son parte da circulación, e polo tanto tamén deben de seguir unha serie de normas. Para isto informaráselles dunha serie de coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para circular correctamente pola vía, ademais de advertir do uso dos elementos reflectantes (para facerse ver) en situacións adversas.
Nesta III campaña participarán 255 alumnos/as dos catro centros de Educación Primaria do Concello de Gondomar , así como, dos dous centros de Educación Secundaria.
Esta iniciativa leva funcionando anualmente dende o 2011 e desde entón un total de 900 mozos e mozas participaron nestas campañas que buscan aportar os coñecementos necesarios para que, tanto peóns como ciclistas, eviten situacións de risco e non cheguen a padecer as consecuencias dun accidente de tráfico. ...leer más...

Igualdade programa unha actividade nos colexios e a lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

– Rapaces e rapazas de 4º de primaria dos catro CEIP do concello elaboran estes días a súa Axenda pola Igualdade; unha axenda escolar de uso persoal con contido comprometido coa igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero
– O vindeiro luns, 25 de novembro, diante do Concello a partir das 12.00 horas lerase un manifesto contra a violencia de xénero

Gondomar, 22 de novembro de 2013.- A Concellaría de Igualdade, con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, programa unha actividade na rede de colexios do municipio e a lectura dun manifesto o vindeiro luns diante do Concello.

As Axendas pola Igualdade

AXENDAS POLA IGUALDADE é un proxecto que está implicando a 111 rapaces e rapazas de 4º de primaria dos catro CEIP do concello na resolución das desigualdades de xénero, de xeito que estes asuman o protagonismo e actúen como axentes dinamizadores do cambio na sociedade.
Sensibilizando e documentando a estes rapaces, están sendo capaces de deseñar e realizar unha Axenda Escolar de uso persoal que terán presentes durante todo o ano con contido comprometido coa igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero. ...leer más...

Fulano, Mengano e Citano farán un percorrido por A Louca Historia de Galicia dentro da programación cultural do Concello de Gondomar

– A cita será este sábado, ás 22.00 horas no Auditorio Lois Tobío
– O domingo será tempo para os máis pequenos que gozarán co espectáculo KeTkjas, de Barafunda

Gondomar, 21 de novembro de 2013.- A programación cultural do Concello de Gondomar organiza para esta fin de semana dúas citas co teatro.
O sábado será o turno para A Louca Historia de Galicia, da compañía Fulano, Mengano e Citano. A obra fai un percorrido en clave de humor ácido a través das nosas orixes, costumes e tradicións. Terá lugar no Auditorio Lois Tobío, ás 22.00 horas. O prezo da entrada é de 3’50 euros.
Pechará a semana o espectáculo KeTkjas, de Barafunda. A peza vai dirixida a toda a familia, en especial aos máis pequenos. Da man do pallaso Pico, aprenderán que o aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, dándolle unha volta de rosca ás rutinas máis cotiáns do baño. A cita será o domingo 24, ás 18.00 horas, no Auditorio Lois Tobío. O prezo da billeteira será de 2’50 euros ...leer más...

Finaliza o curso de Aplicacións de medidas de seguridade e Primeiros Auxilios no que participaron 20 mozos e mozas de Gondomar

– Á clausura asistiron o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián e o concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso
– A actividade está enmarcada dentro do Programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra

primeros auxiliosGondomar, 21 de novembro de 2013.- O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado polo concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso, asistiron esta mañá á clausura do curso de Aplicacións de medidas de seguridade e Primeiros Auxilios, no que participaron 20 mozos e mozas do municipio.
A actividade, enmarcada dentro do Programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra, contou con 40 horas durante as cales se impartiron tanto coñecementos teóricos como prácticos.
Ignacio Troncoso, concelleiro de Xuventude recoñece que «o curso tivo unha grande demanda e foi levado a cabo con gran éxito e valoración moi positiva por parte do alumnado». ...leer más...

O alcalde firma un convenio coa Sociedade Cultural de Morgadáns para a adecuación da pista deportiva situada no barrio de San Roque

– Mediante o convenio, o Concello de Gondomar aporta 3.000 euros para as obras que deberán ser executadas pola propia sociedade
– Así mesmo, o documento establece que o Concello poderá tamén facer uso, previo aviso, das pistas. Pola súa banda, a Sociedade Cultural de Morgadáns comprométese a organizar un torneo anual de futbito, programado en colaboración coa Concellaría de Deportes

Gondomar, 20 de novembro de 2013.- O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, vén de asinar co presidente da Sociedade Cultural San Roque de Morgadáns, Manuel Alonso, un convenio polo que se establecen as bases de colaboración entre ambas institucións, para a adecuación e acondicionamento da pista deportiva situada no barrio de San Roque, a carón do edificio do centro cultural.
A través deste convenio, o concello de Gondomar achegará 3.000 euros para a realización das obras que correrán a cargo da Sociedade Cultural San Roque de Morgadáns. A actuación consistirá na aplicación dunha capa de pintura antideslizante sobre o pavimento existente, que posibilite o uso deportivo da mencionada pista, xa que a súa situación actual imposibilita a práctica deportiva de xeito seguro, dado que o pavimento mollado crea unha película deslizante perigosa.
Por outra banda, en virtude do documento, a Sociedade Cultural de Morgadáns comprométese a organizar un torneo anual de futbito, programado en colaboración coa Concellaría de Deportes, coa finalidade de contribuír á promoción e práctica desta modalidade deportiva entre os mozos/as do municipio.
Ademais, e como mostra da colaboración entre ambas entidades, O Concello de Gondomar, previo aviso e sen que isto interfira nas actividades organizadas dende a propia asociación, poderá facer uso ou autorizar a utilización da pista a terceiros. ...leer más...

Melytour negociará para resolver o conflito do transporte público en Gondomar

. Así o confirma o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, despois de manter unha reunión con representantes da empresa

. No encontro tamén estiveron presentes o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o xefe do servizo da Dirección Xeral de Mobilidade e representantes de Plataforma por un Transporte Público digno para Gondomar e o Val Miñor

Gondomar, 19 de novembro de 2013.- As negociacións para resolver o problema do transporte público en Gondomar avanzan positivamente. Así recoñéceo, o alcalde do municipio, Fernando Guitián despois de reunirse co xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o xefe do servizo da Dirección Xeral de Mobilidade, nun encontro ao que tamén asistiron representantes de Plataforma por un Transporte Público digno para Gondomar e o Val Miñor e da empresa de transportes Melytour. ...leer más...

O Concello de Gondomar acondiciona os puntos de recollida de residuos coa construción de bases de formigón para os colectores

. Os traballos leváronse a cabo en Xunqueira, Razas, Vilas, Prado, Murxido e Peitieiros, entre outras parroquias
. As novas bases permitirán fixar a zona destinada aos colectores, e contribuirán a mellorar o aspecto do ámbito

bases contenedoresGondomar, 15 de novembro de 2013. – O Concello de Gondomar continúa adecuando numerosos puntos de recollida de residuos. Tras levar a cabo o valado e sinalización en distintas parroquias do municipio, esta vez as tarefas centráronse na construción das bases para os colectores.

Estas bases de formigón servirán para establecer de xeito definitivo o punto destinado á recollida de lixo, xa que están delimitadas por un valado de madeira. Ademais, as novas bases contribuirán a que estas zonas brinden un mellor aspecto. Entre as parroquias beneficiadas por esta actuación encóntranse Xunqueira, Razas, Vilas, Prado, Murxido ou Peitieiros. ...leer más...

A Cámara de Comercio fomenta o espírito emprendedor cunha charla no IES Auga da Laxe

. A xornada, organizada pola Cámara de Comercio de Vigo xunto coa Concellaría de Educación do Concello, ten como obxectivo orientar estudantes sobre esta opción laboral
. A charla, á que asistiron 28 alumnos, contou coa participación de Felipe Feijoo Fernández, xerente de Call Center Miñor, quen compartiu cos mozos a súa experiencia como emprendedor

charla emprendedor

Gondomar, 15 de novembro de 2013. – O IES Auga da Laxe acolleu, na mañá do pasado mércores, unha charla enmarcada dentro das Xornadas para o Fomento do Espírito Emprendedor, promovidas pola Cámara de Comercio de Vigo en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Gondomar, co obxectivo de orientar e sensibilizar estudantes sobre esta opción laboral.

Na xornada, na que participaron 28 alumnos do centro, técnicos da Cámara de Comercio deron algunhas nocións básicas para a creación de empresas, como poden ser coñecer os distintos recursos que sexan necesarios ou a necesidade de elaborar un plan de negocio básico, requisito fundamental para que calquera proxecto sexa viable. ...leer más...

O vindeiro obradoiro do programa Gondomar Emprega centrarase nos recursos formativos

– A xornada levarase a cabo no Centro Neural do municipio o vindeiro xoves 14, ás 10.30 horas

Gondomar, 13 de novembro do 2013.- Mañán xoves, 14 de novembro, no marco do programa Gondomar Emprega que a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Gondomar está desenvolvendo este último trimestre do ano, terá lugar un obradoiro para mostrar o actual escenario da formación, especialmente aquela ligada ao emprego.

A sesión, que terá lugar no Centro Neural do municipio ás 10.30 horas, será impartida por Conchi Cuña, experimentada informadora e asesora cunha ampla experiencia traballando en distintos centros de xuventude. O obradoiro servirá para aproximarse aos recursos formativos para o emprego, facendo unha revisión das diferentes opcións de formación e capacitación para mellorar a empregabilidade e as opcións de conseguir un emprego. ...leer más...

Finalizado o primeiro tramo da senda do río Miñor

– O percorrido, de aproximadamente 1’2 quilómetros, parte dende a Ponte de Mañufe ata o supermercado Froiz

– As obras, sen custo ningún para o Concello, aproveitan os traballos na rede de saneamento que a construtora Crespo está a realizar no municipio

senda3

Gondomar, 13 de novembro de 2013. – Unha senda para o río Miñor. Esta foi a petición realizada polo Concello de Gondomar a Augas de Galicia. Aproveitando os traballos que a construtora Crespo -adxudicataria do proxecto de adecuación da rede de saneamento do municipio- está a levar a cabo, dende o Concello formulouse a posibilidade de habilitar unha senda peonil paralela á canle do Miñor, co fin de poñer en valor unha zona cunha gran beleza natural.

As obras da nova senda, asumidas como mellora na actuación promovida por Augas de Galicia, non supoñerán custo ningún para as arcas municipais. Os traballos executaranse en varias fases nas que se acondicionará o firme do paseo, de 2’8 metros de ancho, con zahorra machucada. O primeiro tramo do proxecto, xa está finalizado. O percorrido deste primeiro tramo, de aproximadamente 1’2 quilómetros, parte dende a Ponte de Mañufe ata o supermercado Froiz. ...leer más...