O Concello de Gondomar organiza o IV Torneo de Tenis Nadal 2013

– O prazo para inscribirse remata este venres 13 de decembro
– Os participantes socios deberán aportar un quilo de alimentos non perecedoiros, mentras que os non socios deberán contribuir con dous quilos

bases benefico nadal 2013 Página 1

Gondomar, 11 de Decembro do 2013.- O Concello de condomar, a través da Concellaría de Deportes, colabora có Club de Tenis Gondomar na organización do IV Torneo Escolar de tenis Nadal 2013. Esta competición de carácter benéfico ten coma fin recoller alimentos non perecedoiros para os máis desfavorecidos e fomentar a unión e a confraternidade a través do deporte.

A competición terá lugar o vindeiro domingo día 15, no IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes. Dará comezo ás 09.30 horas coa recepción dos participantes e finalizará ao redor das 14.00 horas. ...leer más...

Gondomar condena a violencia contra a muller

– Tras o manifesto gardáronse dos minutos de silencio

Gondomar, 25 de novembro do 2013. – Ás 12.00 horas, diante do edificio do Concello, o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián deu lectura ao manifesto no que, en representación de todas as persoas que conforman o municipio, se condenou calquera tipo de violencia contra a muller.
O rexedor gondomareño recalcou que «para paliar as graves situacións que produce, é necesaria a súa abordaxe desde unha perspectiva integral. Para iso son fundamentais as medidas de sensibilización para implicar a toda a sociedade na eliminación desta eiva social; os programas de prevención da violencia de xénero, prestando especial atención aos menores expostos a esta violencia; a coeducación para previr condutas discriminatorias en todos os tramos do ensino; a atención integral e a coordinación institucional, para evitar duplicidades e actuar con maior eficiencia». ...leer más...

Un sistema de aviso por SMS informará das avarías na estación de bombeo de A Torre, en Chaín

– O custo deste servizo será unicamente o das mensaxes, uns 10 euros anuais

sistema SMS bombeoGondomar, 25 de novembro de 2013. – O Concello de Gondomar ven de instalar un novo sistema de avisos de avarías mediante mensaxes de texto no bombeo do barrio de A Torre, na parroquia de Chaín.

Este sistema de avisos por mensaxes SMS, alertará de forma inmediata aos operarios de calquera avaría na estación de bombeo, polo que lles permitirá chegar ao lugar e reparar o fallo na maior brevidade posible.

O custo deste servizo será unicamente o das mensaxes, uns 10 euros anuais, xa que a liña telefónica utilizada pertence ao Concello, ao contrario do sistema anterior instalado polo ex goberno do concelleiro non adscrito Antón Araujo, o cal estaba contratado a través dunha empresa externa que facturaba uns 1800 euros anuais. ...leer más...

Aberto o prazo para participar no XXXII Certame de Rondallas de Reis de Gondomar

– Os interesados en participar poden inscribirse no Rexistro do Concello de Gondomar, ata o luns 16 de decembro ás 13.00 horas
– Este ano, pese a adversa situación económica, séguense a manter as axudas de 1000 euros ás rondallas participantes

Gondomar, 22 de novembro de 2013.- O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Festexos, dirixida por Ignacio Troncoso, organiza o XXXII Certame de Rondallas de Reis, que se celebrará o día 6 de xaneiro a partir das 10.30 horas da mañá.
Trátase dunha das citas de referencia da provincia, tanto pola lonxevidade do certame como pola tradición que este tipo de música ten en Gondomar e o interese que esperta o tradicional e vistoso encontro de bandeiras de participantes.
Cada unha das agrupación, compostas todas elas de entre 40 e 150 persoas, interpretará durante quince minutos fronte a Praza do Concello as pezas que ela mesma seleccionase e efectuará un cruce de bandeiras coa rondalla anterior e posterior na intersección das rúas Ángel Urzaiz e Elduayen. ...leer más...

Igualdade programa unha actividade nos colexios e a lectura dun manifesto con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

– Rapaces e rapazas de 4º de primaria dos catro CEIP do concello elaboran estes días a súa Axenda pola Igualdade; unha axenda escolar de uso persoal con contido comprometido coa igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero
– O vindeiro luns, 25 de novembro, diante do Concello a partir das 12.00 horas lerase un manifesto contra a violencia de xénero

Gondomar, 22 de novembro de 2013.- A Concellaría de Igualdade, con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, programa unha actividade na rede de colexios do municipio e a lectura dun manifesto o vindeiro luns diante do Concello.

As Axendas pola Igualdade

AXENDAS POLA IGUALDADE é un proxecto que está implicando a 111 rapaces e rapazas de 4º de primaria dos catro CEIP do concello na resolución das desigualdades de xénero, de xeito que estes asuman o protagonismo e actúen como axentes dinamizadores do cambio na sociedade.
Sensibilizando e documentando a estes rapaces, están sendo capaces de deseñar e realizar unha Axenda Escolar de uso persoal que terán presentes durante todo o ano con contido comprometido coa igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero. ...leer más...

Un total de 255 mozos e mozas de Gondomar participarán na campaña Faite Ver

– O obxectivo desta campaña é o de concienciar a ciclistas e peóns de que eles tamén son parte da circulación e proporcionar os coñecementos necesarios para circular correctamente e evitar situacións de risco
– A campaña está promovida pola concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá

faite verGondomar, 22 de novembro de 2013.- O vindeiro luns, 25 de novembro, dará comezo a III Campaña de Educación Vial Faite Ver, promovida pola concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá.
O obxectivo desta campaña é o de concienciar a ciclistas e peóns de que eles tamén son parte da circulación, e polo tanto tamén deben de seguir unha serie de normas. Para isto informaráselles dunha serie de coñecementos, destrezas e actitudes necesarias para circular correctamente pola vía, ademais de advertir do uso dos elementos reflectantes (para facerse ver) en situacións adversas.
Nesta III campaña participarán 255 alumnos/as dos catro centros de Educación Primaria do Concello de Gondomar , así como, dos dous centros de Educación Secundaria.
Esta iniciativa leva funcionando anualmente dende o 2011 e desde entón un total de 900 mozos e mozas participaron nestas campañas que buscan aportar os coñecementos necesarios para que, tanto peóns como ciclistas, eviten situacións de risco e non cheguen a padecer as consecuencias dun accidente de tráfico. ...leer más...

Finaliza o curso de Aplicacións de medidas de seguridade e Primeiros Auxilios no que participaron 20 mozos e mozas de Gondomar

– Á clausura asistiron o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián e o concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso
– A actividade está enmarcada dentro do Programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra

primeros auxiliosGondomar, 21 de novembro de 2013.- O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, acompañado polo concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso, asistiron esta mañá á clausura do curso de Aplicacións de medidas de seguridade e Primeiros Auxilios, no que participaron 20 mozos e mozas do municipio.
A actividade, enmarcada dentro do Programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra, contou con 40 horas durante as cales se impartiron tanto coñecementos teóricos como prácticos.
Ignacio Troncoso, concelleiro de Xuventude recoñece que «o curso tivo unha grande demanda e foi levado a cabo con gran éxito e valoración moi positiva por parte do alumnado». ...leer más...

Fulano, Mengano e Citano farán un percorrido por A Louca Historia de Galicia dentro da programación cultural do Concello de Gondomar

– A cita será este sábado, ás 22.00 horas no Auditorio Lois Tobío
– O domingo será tempo para os máis pequenos que gozarán co espectáculo KeTkjas, de Barafunda

Gondomar, 21 de novembro de 2013.- A programación cultural do Concello de Gondomar organiza para esta fin de semana dúas citas co teatro.
O sábado será o turno para A Louca Historia de Galicia, da compañía Fulano, Mengano e Citano. A obra fai un percorrido en clave de humor ácido a través das nosas orixes, costumes e tradicións. Terá lugar no Auditorio Lois Tobío, ás 22.00 horas. O prezo da entrada é de 3’50 euros.
Pechará a semana o espectáculo KeTkjas, de Barafunda. A peza vai dirixida a toda a familia, en especial aos máis pequenos. Da man do pallaso Pico, aprenderán que o aseo matutino pode converterse nunha auténtica odisea, dándolle unha volta de rosca ás rutinas máis cotiáns do baño. A cita será o domingo 24, ás 18.00 horas, no Auditorio Lois Tobío. O prezo da billeteira será de 2’50 euros ...leer más...

O alcalde firma un convenio coa Sociedade Cultural de Morgadáns para a adecuación da pista deportiva situada no barrio de San Roque

– Mediante o convenio, o Concello de Gondomar aporta 3.000 euros para as obras que deberán ser executadas pola propia sociedade
– Así mesmo, o documento establece que o Concello poderá tamén facer uso, previo aviso, das pistas. Pola súa banda, a Sociedade Cultural de Morgadáns comprométese a organizar un torneo anual de futbito, programado en colaboración coa Concellaría de Deportes

Gondomar, 20 de novembro de 2013.- O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, vén de asinar co presidente da Sociedade Cultural San Roque de Morgadáns, Manuel Alonso, un convenio polo que se establecen as bases de colaboración entre ambas institucións, para a adecuación e acondicionamento da pista deportiva situada no barrio de San Roque, a carón do edificio do centro cultural.
A través deste convenio, o concello de Gondomar achegará 3.000 euros para a realización das obras que correrán a cargo da Sociedade Cultural San Roque de Morgadáns. A actuación consistirá na aplicación dunha capa de pintura antideslizante sobre o pavimento existente, que posibilite o uso deportivo da mencionada pista, xa que a súa situación actual imposibilita a práctica deportiva de xeito seguro, dado que o pavimento mollado crea unha película deslizante perigosa.
Por outra banda, en virtude do documento, a Sociedade Cultural de Morgadáns comprométese a organizar un torneo anual de futbito, programado en colaboración coa Concellaría de Deportes, coa finalidade de contribuír á promoción e práctica desta modalidade deportiva entre os mozos/as do municipio.
Ademais, e como mostra da colaboración entre ambas entidades, O Concello de Gondomar, previo aviso e sen que isto interfira nas actividades organizadas dende a propia asociación, poderá facer uso ou autorizar a utilización da pista a terceiros. ...leer más...

Melytour negociará para resolver o conflito do transporte público en Gondomar

. Así o confirma o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, despois de manter unha reunión con representantes da empresa

. No encontro tamén estiveron presentes o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o xefe do servizo da Dirección Xeral de Mobilidade e representantes de Plataforma por un Transporte Público digno para Gondomar e o Val Miñor

Gondomar, 19 de novembro de 2013.- As negociacións para resolver o problema do transporte público en Gondomar avanzan positivamente. Así recoñéceo, o alcalde do municipio, Fernando Guitián despois de reunirse co xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o xefe do servizo da Dirección Xeral de Mobilidade, nun encontro ao que tamén asistiron representantes de Plataforma por un Transporte Público digno para Gondomar e o Val Miñor e da empresa de transportes Melytour. ...leer más...

O Concello de Gondomar acondiciona os puntos de recollida de residuos coa construción de bases de formigón para os colectores

. Os traballos leváronse a cabo en Xunqueira, Razas, Vilas, Prado, Murxido e Peitieiros, entre outras parroquias
. As novas bases permitirán fixar a zona destinada aos colectores, e contribuirán a mellorar o aspecto do ámbito

bases contenedoresGondomar, 15 de novembro de 2013. – O Concello de Gondomar continúa adecuando numerosos puntos de recollida de residuos. Tras levar a cabo o valado e sinalización en distintas parroquias do municipio, esta vez as tarefas centráronse na construción das bases para os colectores.

Estas bases de formigón servirán para establecer de xeito definitivo o punto destinado á recollida de lixo, xa que están delimitadas por un valado de madeira. Ademais, as novas bases contribuirán a que estas zonas brinden un mellor aspecto. Entre as parroquias beneficiadas por esta actuación encóntranse Xunqueira, Razas, Vilas, Prado, Murxido ou Peitieiros. ...leer más...

A Cámara de Comercio fomenta o espírito emprendedor cunha charla no IES Auga da Laxe

. A xornada, organizada pola Cámara de Comercio de Vigo xunto coa Concellaría de Educación do Concello, ten como obxectivo orientar estudantes sobre esta opción laboral
. A charla, á que asistiron 28 alumnos, contou coa participación de Felipe Feijoo Fernández, xerente de Call Center Miñor, quen compartiu cos mozos a súa experiencia como emprendedor

charla emprendedor

Gondomar, 15 de novembro de 2013. – O IES Auga da Laxe acolleu, na mañá do pasado mércores, unha charla enmarcada dentro das Xornadas para o Fomento do Espírito Emprendedor, promovidas pola Cámara de Comercio de Vigo en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Gondomar, co obxectivo de orientar e sensibilizar estudantes sobre esta opción laboral.

Na xornada, na que participaron 28 alumnos do centro, técnicos da Cámara de Comercio deron algunhas nocións básicas para a creación de empresas, como poden ser coñecer os distintos recursos que sexan necesarios ou a necesidade de elaborar un plan de negocio básico, requisito fundamental para que calquera proxecto sexa viable. ...leer más...

Finalizado o primeiro tramo da senda do río Miñor

– O percorrido, de aproximadamente 1’2 quilómetros, parte dende a Ponte de Mañufe ata o supermercado Froiz

– As obras, sen custo ningún para o Concello, aproveitan os traballos na rede de saneamento que a construtora Crespo está a realizar no municipio

senda3

Gondomar, 13 de novembro de 2013. – Unha senda para o río Miñor. Esta foi a petición realizada polo Concello de Gondomar a Augas de Galicia. Aproveitando os traballos que a construtora Crespo -adxudicataria do proxecto de adecuación da rede de saneamento do municipio- está a levar a cabo, dende o Concello formulouse a posibilidade de habilitar unha senda peonil paralela á canle do Miñor, co fin de poñer en valor unha zona cunha gran beleza natural.

As obras da nova senda, asumidas como mellora na actuación promovida por Augas de Galicia, non supoñerán custo ningún para as arcas municipais. Os traballos executaranse en varias fases nas que se acondicionará o firme do paseo, de 2’8 metros de ancho, con zahorra machucada. O primeiro tramo do proxecto, xa está finalizado. O percorrido deste primeiro tramo, de aproximadamente 1’2 quilómetros, parte dende a Ponte de Mañufe ata o supermercado Froiz. ...leer más...

O vindeiro obradoiro do programa Gondomar Emprega centrarase nos recursos formativos

– A xornada levarase a cabo no Centro Neural do municipio o vindeiro xoves 14, ás 10.30 horas

Gondomar, 13 de novembro do 2013.- Mañán xoves, 14 de novembro, no marco do programa Gondomar Emprega que a Concellería de Formación e Emprego do Concello de Gondomar está desenvolvendo este último trimestre do ano, terá lugar un obradoiro para mostrar o actual escenario da formación, especialmente aquela ligada ao emprego.

A sesión, que terá lugar no Centro Neural do municipio ás 10.30 horas, será impartida por Conchi Cuña, experimentada informadora e asesora cunha ampla experiencia traballando en distintos centros de xuventude. O obradoiro servirá para aproximarse aos recursos formativos para o emprego, facendo unha revisión das diferentes opcións de formación e capacitación para mellorar a empregabilidade e as opcións de conseguir un emprego. ...leer más...

Finaliza o segundo curso de carretillero en Gondomar

– Un total de 20 veciños participaron nesta acción formativa gratuita, organizada pola Cámara de Comercio en colaboración coa concellería de Emprego do Concello

– Dada a gran demanda de solicitudes se tiveron que seleccionar aos participantes en base aos criterios de preferencia fixados na solicitude: estar empadroados en Gondomar e maior antigüidade no INEM

carretillero3

Gondomar, 13 de novembro de 2013.- A Concellería de Emprego xunto coa Cámara de Comercio iniciou a semana coa posta en marcha do segundo curso de carretillero, no que participaron 20 veciños de Gondomar.

O curso de carácter gratuito, que se celebrou durante o luns e martes, contou con 8 horas de formación nas que se impartiron coñecementos, tanto teóricos coma prácticos, co obxectivo de formar aos traballadores atendendo ás exixencias legais da lei de Prevención de Riscos Laborais. ...leer más...

O Concello de Gondomar impulsa a 5ª campaña de adhesión e difusión do Carné Xove

. Baixo o lema de Ser mozo en Gondomar ten desconto, a Concellería de Xuventude anima aos mozos e mozas do municipio a facerse co Carné Xove para gozar das numerosas vantaxes que ofrece
. Grazas ao labor de difusión levada a cabo desde o Concello, as cifras de emisión deste carné aumentaron de 75 no 2008 a 168 en outubro de 2013

Gondomar, 8 de novembro de 2013.- Baixo o lema de Ser mozo en Gondomar ten desconto, a concellaría de Xuventude do Concello promove a 5ª campaña de adhesión e difusión do CARNÉ XOVE.
O Carné Xove, dispoñible para a mocidade de 12 a 30 anos, ofrece ao usuario numerosos vantaxes e descontos a nivel autonómico, nacional e internacional na cultura, transportes, aloxamentos, comercios e no ensino. Ademais, a nivel local o mozo/a que faga o carné no Concello de Gondomar, terá a posibilidade de participar no programa Infomóbil no que, de balde, se lle ofertará un servizo de mensaxes sobre información en áreas que sexan do seu interese (cursos, actividades ocio, becas, campamentos, etc).
O impulso que, tanto o Concello como a Concellaría de Xuventude está a realizara través deste plan de adhesión fixo posible que se pasase da emisión de 75 Carnés Xoves no ano 2008, a 168 en outubro do 2013; e de 3 comercios adheridos ao programa pasouse a 23, entre os que se atopan: Arcos moda, Calzados Eva, Ruanos Moda, LT peluquería, Netcom servicios informáticos, Papilo librería, Chévere, Azahar centro Estética, Bell-Isa, Droguería Avenida, Herboristería Bambú, Décimas deporte, autoescuela San Benito, Óptica Alemana, Óculos Óptica, Zaloira moda, Publix axencia publicidade , Libraida, Juan Domínguez Roupa, Tejidos y novedades Carmen, Librería Plaza, Jabe Cocinas, Asesoría Pasaxe ou Normas Hostel…
Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello, sito na Casa da Cultura, no mail
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
ou no teléfono 986 369 746. ...leer más...

O BOP publica a aprobación da modificación da Ordenanza Municipal de Carga e Descarga do Concello de Gondomar

. A nova regulación, xa en vigor, aumenta as zonas e horarios destinados á carga e descarga establecendo dous tipos: as zonas libres e as zonas reservadas ou restrinxidas, que so poderán ser utilizadas previa solicitude e trala correspondente autorización

. Con estas medidas, o Concello pretende que se faga un mellor uso do espazo público, mellorando a fluidez do tráfico

 Gondomar, 7 de novembro de 2013.- O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra recolle no seu número de onte a modificación da Ordenanza Municipal de Carga e Descarga do Concello de Gondomar, que xa está en vigor. No novo documento enténdese por carga e descarga a realizada comercialmente por persoas que realizan as súas tarefas con carácter profesional e mediante vehículos considerados legalmente como comerciais quedando, deste xeito, excluídas as cargas e descargas de carácter privado. ...leer más...

Curso de atención telefónica

. Organiza concellaría de formación e emprego e colabora cámara comercio

O obxectivo deste curso é a mellora de aspectos relacionados coa atención telefónica como a voz, a linguaxe e correxir algunhas actitudes inaxeitadas. Abordará todas as técnicas e destrezas para ofrecer un servizo de calidade.

Contido:
1. Comunicación eficaz
2. Comportamento do consumidor
3. Técnicas de neuromarketing
4. Atención ao cliente, satisfación e fidelización.
5. Habilidades de venta telefónica.
6. Atención de queixas e reclamacións.
7. Fases da venta telefónica

Impartido por Ramón Suarez, profesor de habilidades comerciais e directivas, experto en técnicas de venta, xestión comercial e adestramento de equipos. asesora a empresas en organización comercial tamén é profesor da Escola de Negocios e da Universidade de Vigo. ...leer más...

Fafe Cidade das Artes representará en Gondomar a fábula de O Gato Malhado e a Andorinha Sinha

. Será o vindeiro sábado, día 9, ás 22.00 horas no Auditorio Lois Tobío
. O domingo, a soprano Dania D’Alfonso ofrecerá un concerto no Auditorio, ás 20.00 horas

Gondomar, 7 de novembro de 2013.- A compañía portuguesa Fafe Cidade das Artes trae a Gondomar o espectáculo O Gato Malhado e a Andorinha Sinha, unha peza inspirada no pequeno romance escrito en 1948 polo autor brasileiro, Jorge Amado. A fábula narra o amor imposible entre un gato solitario e malhumorado e unha xoven e xentil andoriña. Unha historia que nos fará ver que para avanzar e mellorar é preciso ver o mundo doutro xeito, ao marxe de calquera prexuízo ante as diferenzas.
A cita terá lugar no Auditorio Lois Tobío, o sábado 9, ás 22.00 horas. O prezo da entrada será de 3.50 euros.
O fin de semana remata co concerto da soprano Dania D’Alfonso. En Luce dell’aria, a soprano de nacionalidade cubana e española e residente desde o 2000 en Galicia, interpretará un repertorio moi escollido de distintas arias de ópera de difícil execución, baixo a dirección do maestro José P. e co acompañamento da pianista Xiara.
Será o domingo, 10 de novembro ás 20.00 horas, no Auditorio Lois Tobío. Prezo por entrada: 5 euros ...leer más...

Os máis pequenos gozarán dun Nadal cheo de diversión co programa GondoNadal

. O prazo de inscrición ábrese o martes 5 de novembro, e permanecerá aberto ata o día 15

. As solicitudes, que se poden descargar no Taboleiro de anuncios da páxina web, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello

Gondomar, 31 de outubro de 2013.- A Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, pón en marcha o programa de lecer e tempo libre GondoNadal. A actividade está destinada preferentemente aos fillos e fillas de familias traballadoras, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares de Nadal, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables. ...leer más...

O Concello de Gondomar estrea nova páxina web

. O espazo é accesible dende a dirección: www.concellodegondomar.com
. O alcalde do municipio, Fernando Guitián, afirma que esta nova páxina reforzará a comunicación entre o Concello e os veciños

Gondomar, 30 de outubro de 2013. – O Concello de Gondomar estrea páxina web. O novo portal nace co obxectivo de ser un espazo máis participativo, dinámico e máis visual, co que se espera non só ser de grande utilidade para os veciños e veciñas do municipio, senón tamén ser a mellor carta de presentación para os que aínda non coñecen Gondomar. «A renovación da páxina web do Concello supón un gran paso. É moi importante espremer as posibilidades de comunicación que nos ofrece internet para dar a coñecer Gondomar e á vez renovar e reforzar a comunicación entre o Concello e os nosos veciños, facéndoos máis participes do que aquí acontece», explica o alcalde de Gondomar, Fernando Guitián.
A nova web é accesible, dende esta mañá, dende a dirección: www.concellodegondomar.com. A páxina principal conta cun menú superior, visible dende calquera parte da web, coas principais seccións desta. Numerosas subseccións englóbanse dentro de sete bloques: inicio, Concello, concellarías, Gondomar, Administración, instalacións, asociacións, de utilidade e contacto. Ademais na marxe esquerda destácanse aquelas subseccións que poden resultar de maior utilidade para os usuarios. O espazo central resérvase para a sección de noticias actualizadas e xeradas periodicamente pola casa do concello. Na parte dereita, sitúase unha sección de eventos, twitter e un espazo reservado o tempo.
Dentro da sección Concello, o usuario encontrará información sobre o alcalde, a corporación municipal, o seu organigrama, a actualidade do municipio e mesmo poderá coñecer o significado do escudo de Gondomar, podendo descargar a súa imaxe. ...leer más...

Xuntos polo Nadal

cartelDado o carácter familiar que teñen estas festas na nosa comunidade, e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, perda do seu cónxuxe ou a emancipación dos fillos, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste Programa distribuídas do seguinte xeito:

– Residencia de Tempo Libre do Carballiño (120 prazas): 60 para a provincia de Pontevedra e 60 para a da Coruña

– Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (120 prazas): 60 para a provincia de Lugo e 60 para a de Ourense.

Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014.

O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo. ...leer más...

O Concello inicia a instalación de cinceiros nas papeleiras do municipio

. Operarios de Vías e Obras deron comezo, esta mañá, á colocación dos cinceiros nas papeleiras dos lugares máis concorridos de Gondomar
. A idea é que progresivamente, toda a vila conte con cinceiros nas súas papeleiras
. Con esta medida, preténdese reducir a acumulación de cabichas nas vías públicas e conseguir un municipio máis limpo

cenicerosGondomar, 29 de outubro de 2013. – Os fumadores de Gondomar xa non teñen escusa para tirar as cabichas ás rúas, e é que esta mañá, operarios da concellaría de Vías e Obras do Concello iniciaron a instalación de cinceiros nas papeleiras da vila condal. Así o informou o responsable de Vías e Obras, Jesús Salgueiro que recoñece que «o costume de tirar as cabichas á vía pública é un grave problema non só de limpeza nas nosas rúas, senón tamén de civismo».
Deste modo, as papeleiras de Gondomar contarán dende hoxe cun pequeno cinceiro de metal adosado que solucionará un dobre problema; por unha parte evitará que se tiren cabichas acendidas ao interior da papeleira, e pola outra reducirá a acumulación de cabichas nas vías do municipio.
Os novos cinceiros, deseñados e elaborados pola brigada de Obras, están a ser instalados seguindo criterios prácticos, optando por aqueles lugares onde se produce unha maior concentración de persoas ao día, como poden ser as prazas ou as rúas principais da vila; aínda que o obxectivo do Concello «é distribuílos progresivamente por todo Gondomar», apunta Salgueiro.
Dende o Concello solicitan a colaboración de todos os veciños e veciños do municipio xa que, «cun simple xesto conseguiremos que Gondomar sexa un lugar máis limpo para todos» recorda o edil. ...leer más...

A asociación Mulleres Rurais de Gondomar entrega ao departamento de Benestar Social 700 quilos de alimentos de primeira necesidade

. A concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, agradece en nome de todo o Concello a colaboración e compromiso desta asociación cos veciños e veciñas máis necesitadas do municipio

Gondomar, 25 de outubro de 2013. – A asociación Mulleres Rurais de Gondomar, fixo entrega ao Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar a través da Concelleira do mesmo, Patricia Durán Pérez, dun lote de alimentos non perecedoiros destinados ás familias do municipio que se atopan en situación de emerxencia social. En total, doáronse 700 quilos de leite, Cola Cao e galletas.

A Concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, resalta a colaboración e axuda desinteresada desta asociación que, «aportando o seu graíño de area axudará a moitas persoas», e agradece en nome de todo o Concello o seu compromiso cos veciños e veciñas máis desfavorecidos do municipio. ...leer más...

A Deputación de Pontevedra asfalta o torreiro das festas de Vincios

. As obras foron levadas a cabo por operarios da Administración provincial e do Concello
. A actuación é froito da mediación do Concello a petición dos veciños e veciñas da parroquia gondomareña

torreiro das festas1

Gondomar, 25 de outubro de 2013.- A Deputación de Pontevedra acometeu, nesta semana, obras de mellora do torreiro das festas de Vincios. Os traballos, levados a cabo por operarios da Deputación e do departamento de vías e obras do Concello de Gondomar, consistiron na adecuación do solo e posterior reasfaltado do mesmo. En concreto asfaltáronse 2.800 metros cadrados de superficie, aproximadamente.
A actuación, froito da mediación do Concello de Gondomar coa Administración provincial, dá resposta á petición dos veciños/as de Vincios que demandaban unha mellora do firme do seu campo de festas, moi deteriorado polo uso e o paso do tempo.
Desde o Concello ven esta actuación da Deputación moi beneficiosa. «Con esta mellora poténciase o papel do torreiro das festas de Vincios como un espazo unitario, moi útil para os veciños da parroquia que se reúnen alí para celebrar as súas festas e celebracións», apunta Jesús Salgueiro, concelleiro de Vías e Obras de Gondomar. ...leer más...

Veciños e veciñas de Gondomar coñecen La Rioja nunha viaxe organizada por Benestar Social

. Na excursión participaron 36 veciños e veciñas do municipio

. A viaxe, que deu comezo o pasado luns 21 rematará hoxe coa volta a vila condal despois de visitar lugares como Carrión de los Condes, Nájera, Arnedo ou Logroño

viaje La Rioja Viana-Navarra

Trinta e seis veciños e veciñas do municipio participaron esta semana nunha excursión a La Rioja, organizado pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar.

A viaxe, que deu comezo o pasado luns 21, chega ao seu final hoxe, día no que regresarán a Gondomar. O programa incluíu, ademais da estancia nun hotel de tres estrelas, desprazamentos e visitas a diferentes localidades da comunidade.

Durante os cinco días, estes veciños e veciños de Gondomar achegáronse ata o municipio de Carrión de los Condes onde puideron visitar a Igrexa Museo de Santiago e o Monasterio de San Zoilo, proseguiron por Nájera e Santo Domingo de la Calzada e realizaron visitas ás Bodegas Bilbaínas e ás catedrais de Calahorra e de Santa María de los Reyes de La Guardia. Finalmente, coñeceron Arnedo e Viana en Navarra e visitaron Logroño acompañados dun guía local. ...leer más...

Taller sobre CV creativos

O próximo xoves 24 de outubro, no marco do programa Gondomar Emprega que a Concellaría de Formación e Emprego del Concello de Gondomar está a desenvolver este último trimestre do ano, terá lugar un taller que pretende mostrar como facer un CV efectivo.

A sesión será impartida por Nicolás Perdomo, socio e responsable deRRHH na axencia de mercadotecnia, RSE e comunicación 2.0Miltrescientosgramos.

O taller ten como obxectivo que as persoas poidan coñecer de primeira man non só como facer un bo Cv e como contar cunha boa presentación na web, tamén se familiarizar con novas ferramentas coas que construír unha imaxe profesional atractiva, unha imaxe que mellore as posibilidades de encontrar emprego.

Lugar: Centro Neural doConcello de Gondomar

Data: Xoves, 24 de outubro de 2013

Hora: 16:00 ...leer más...

O Alcalde estuda con Augas de Galicia un proxecto para reducir as inundacións no núcleo do municipio

Técnicos de Augas de Galicia fixeron entrega, nunha reunión mantida co alcalde do municipio, Fernando Guitián, dun extracto do proxecto hídrico que permitirá minimizar as inundacións no núcleo de Gondomar.

Para levar a cabo o documento, Augas de Galicia analizou detalladamente a situación, estudando o período de retorno na zona. O devandito parámetro serve para coñecer se unha zona é inundable ou non e establece o número de anos en que se espera que medianamente se repita certo caudal, ou un caudal maior.

No proxecto presentado onte, considéranse múltiples medidas co obxectivo de paliar os efectos das posibles inundacións que se poidan producir durante a tempada de chuvias. Entre elas barállase a posibilidade de rebaixar a zona situada entre o Campo de Fútbol e o río para, así, ampliar a sección na que a auga se podería acumular evitando que desbordase e chegase a outros lugares. Por outra parte, formúlanse medidas que melloren a evacuación das chuvias. A creación dun caudal no Zamáns podería facilitar a drenaxe das augas no caso de que aumentase o nivel da auga no río. ...leer más...

Últimas prazas no Conservatorio

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar oferta as últimas prazas vacantes nas especialidades de violín, viola e guitarra.

Para máis información:

www.conservatoriogondomar.net16.net e 
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.
 ou nos teléfonos da OMIX en horario de mañá (986 369 746) ou no do Conservatorio en horario de tarde (986 389 283). ...leer más...